Limpeza
O Concello de Mondoñedo continúa cos traballos de limpeza do casco urbano consistentes na eliminación de vexetación, fungos, materia orgánica, lixo e outros restos que se presentan nas rúas e localizacións da cidade. 
O plan de limpeza posto en marcha polo goberno local inclúe traballos tanto en zonas do centro como periféricas, que presentan unha importante densidade de sucidade e vexetación media alta.
O Concello de Mondoñedo está a avanzar tamén nas labores de limpeza e desbroce nas parroquias, un dos compromisos asumido polos populares e ao que se lle está a dar resposta de maneira “inmediata” e “prioritaria”.

Dende o goberno local consideran “moi necesarios” estes acometidos, que permitirán restablecer a boa imaxe da localidade. Neste senso, explican que o plan de limpeza inclúe a aplicación dos produtos fitosanitarios necesarios, o corte e rasurado de toda a vexetación, o raspillado do lixo e da materia orgánica pegada, así como a recollida de toda a materia solta mediante barrido mecánico e manual e o baldeado con máquinas hidrolavadoras.

O Concello de Mondoñedo tamén vén de realizar diferentes traballos de limpeza e de mantemento no Barrio dos Muíños.
En concreto, as actuacións promovidas dende o Concello incluíron a limpeza das canles do río do Muíños e dotalas de novo de auga, despois de meses con escaseza, que podería chegar a provocar problemas de salubridade.

A maiores, dende a administración local tamén limparon con motobomba as distintas localizacións do barrio, entre elas a coñecida Ponte do Pasatempo e a praza do Barrio dos Muíños; ademais de desbrozar as zonas que o necesitaban.

Ademais, o goberno local considera “moi necesario” e “urxente” avanzar na limpeza dos sumidoiros, para evitar que se produzan inundacións en caso de días de forte choiva.

Limpeza

Limpeza

Limpeza