El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22767775 visitas
 
O Concello de Mondoñedo desenvolverá un variado programa de actividades durante os xoves e domingos
29 / 07 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O equipo de goberno destaca a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas coas que se amplía o abano de opcións ofrecidas aos mindonienses para pasar o tempo de lecer no municipio, o que directamente repercute no agrado dos veciños, e de xeito indirecto contribuirá a impulsar a economía local.
Os Xoves Movidos inclúen diferentes propostas de lecer, dende karaoke, a contacontos ou outros xogos alternativos, dirixidos especialmente aos máis pequenos da casa.
Os Domingos da Horta permitirán poñer en valor os produtos tradicionais cultivados en Mondoñedo, dos que os diferentes locais de hostalería ofrecerán degustacións a través de distintas elaboracións.

NOTA DE PRENSA

Mondoñedo, 29 de xullo de 2015- O Concello de Mondoñedo desenvolverá durante o mes de agosto un variado programa de actividades, que se celebrarán os xoves e os domingos, e que inclúe dende actividades de entretemento e lecer para os máis novos da casa ata a posta en valor dos produtos da horta do municipio.

 

En concreto, a programa coñecido como Xoves Movidos ofrece distintas alternativas para entreterse en Mondoñedo, especialmente os pequenos, dende karaoke, a contacontos ou outros xogos alternativos. As actividades a desenvolver son as seguintes:

Xoves 30 de xullo:  

18:00 horas. Karaoke e xogos alternativos. Praza do Concello

19:00 horas. Animación polas rúas a cargo da charanga Aires do Padornelo

Xoves 6 de agosto.

18:00 horas. Contacontos e xogos tradicionais. Praza do Concello

20:30 horas. Teatro ‘Mondoñedo: Paradiso”, orixinal de Francisco Piñeiro. Grupo O Bordelo. Praza do Concello

Xoves 13 agosto

18:00 horas. Contacontos musical. Praza do Concello

23:00 horas. Actuación do grupo musical Paty Lesta&Thehits. Praza do Concello

Xoves 20 agosto

18:00 horas. Actividade Infantil

19:00 horas. Animación pola rúa a cargo da orquestra Ce Pantasma. Remata na Praza do Concello

Xoves 27 de agosto

17:30 horas Teatro Infantil Raiolas. Obra: Pepito O Fracasado

19:00 horas. Actuación e taller de maxia co mago Deimi

23:00 horas. Actuación Limomes. Praza do Concello                                                                                                                                                                                                                        

Pola súa banda, os Domingos da Horta permitirán poñer en valor os produtos tradicionais cultivados en Mondoñedo, dos que os diferentes locais ofrecerán degustacións a través de distintas elaboracións.

Domingo 16 de agosto 

10:00 horas. Día da Leituga. Mercado Praza da Catedral e degustación nos locais de hostalería. A maiores, haberá música tradicional galega

Domingo 23 de agosto

10:00 horas. Día do Tomate. Mercado na Praza da Catedral e degustación nos locais de hostalería. 

12:00 horas. Animación pola rúa con ‘Os Suplentes’ de As Pontes

Domingo 30 de agosto

10:00 horas. Día do Cabaciño. Mercado na Praza da Catedral. Demostracións nos locais de hostalería. A maiores, haberá música tradicional galega.

O equipo de goberno destaca a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas coas que se amplía o abano de opcións ofrecidas aos mindonienses para pasar o tempo de lecer no municipio, o que directamente repercute no agrado dos veciños, e de xeito indirecto contribuirá a impulsar a economía local.  

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net