El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22766856 visitas
 
Los Secretos actuarán nas San Lucas
19 / 09 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Los Secretos
O presidente da Asociación das San Lucas avanza un dos concertos, que se enmarca no programa das Feiras e Festas das San Lucas.
O concerto de "Los Secretos" será o 18 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio Pascual Veiga.
Los Secretos é un grupo de música pop rock español fundado en Madrid que desenrolou a súa carreira dende os anos 80 ata a actualidade.
Os interesados poden adquirir as entradas anticipadas a través do enlace entradas.abanca.com. O custo de cada un dos pases que se adquiran con anterioridade é de 15 euros. A maiores, ofrécese a opción de mercar as entradas o mesmo día do concerto en taquilla por un importe de 20 euros.
 
NOTA DE PRENSA
Sábado 19 setembro 2015: O presidente da Asociación As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, avanzou hoxe que o grupo de Pop Rock Los Secretos actuará na localidade no marco do programa das festas das San Lucas.

Souto explica que a banda musical ofrecerá este concerto en formato acústico no Auditorio Pascual Veiga da localidade, o día grande das Feiras, o 18 de outubro. A actuación do grupo comezará ás 19:00 horas.

Os interesados poden adquirir as entradas anticipadas a través do enlace entradas.abanca.com.  O custo de cada un dos pases que se adquiran con anterioridade é de 15 euros. A maiores, ofrécese a opción de mercar as entradas o mesmo día do concerto en taquilla por un importe de 20 euros.
 
Concierto 
 
Miguel Souto quixo poñer en valor a variada e atractiva programación das Feiras e Festas das San Lucas, a través da que “queremos ofrecer un cartel para todos os gustos e idades, xa que estas festas con cultura, son arte, son tradición, son vangarda e son feira e festa”. O presidente da asociación lembra que este ano As San Lucas celébranse entre os días 16 e 20 de outubro. 

Así, entre a programación xa pechada non faltarán as mellores orquestras de Galicia.  O día 16, estarán Sintonía de Vigo e Orquestra Televisión; o 17 Miramar e Claxxon; o 18 Fania e Jerusalen; o 19 Paladium e Nueva Generación; e o 20, Nueva Generación e París de Noia. 

En relación á Feira, o día grande, o 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita no Campo dos Paxariños. O día 17, Souto explica que “dáse un momento dentro da programación das San Lucas que causa moita expectación, unha das mellores estampas das festas, o paseo dos cabalos polas rúas de Mondoñedo”. Ao igual que na pasa edición, haberá unha pantalla xigante na Praza da Catedral a través da que se poderá ver en directo o proceso que seguen o gandeiros para reunir os animais que viven no monte e baixalos ata o centro de Mondoñedo. O mesmo día 17, en horario de mañá, será a final da Copa Galicia do concurso morfolóxico Pura Raza Cabalo Galego
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net