El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22793664 visitas
 
O Concello impulsa a declaración das San Lucas como Festa de Interese Turístico Nacional
28 / 09 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O Concello de Mondoñedo impulsa a declaración das San Lucas como Festa de Interese Turístico Nacional e do Mercado Medieval como Festa de Interese Turístico Galego. O Goberno popular sacou adiante o acordo unánime para iniciar o expediente de cara obter ambas distincións.
Candia da curso ao un compromiso que “permitirá aproveitar o potencial turístico que ofrece a localidade, e a potenciación das festas é un dos pasos a seguir”.
O Goberno local tamén aprobou o regulamento de participación cidadá que permitirá “un concello máis aberto, no que existe unha canle de comunicación para ter en conta as propostas dos veciños”.
A alcaldesa convocou aos alcaldes do Camiño Norte para o cinco de outubro co obxecto de promover a creación dun ente que permita establecer políticas de acción coordinadas.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 26 de setembro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou hoxe que no pleno celebrado onte e por iniciativa do Goberno popular acordouse, por unanimidade, iniciar o expediente de cara obter a declaración das Feiras e Festas das San Lucas como Festa de Interese Turístico Nacional e a do Mercado Medieval como Festa de Interese Turístico Galego.
Trátase dun dos compromiso asumidos polo Goberno popular e que está a dar curso ao considerar esta decisión como un paso “moi necesario para aproveitar todo o potencial turístico que ofrece a localidade. A potenciación das festas de Mondoñedo é un dos pasos a seguir”. Tanto As San Lucas como As Quendas son “un foco de atracción de visitantes tanto de Galicia como de fóra da comunidade autónoma”, engade a alcaldesa.
Amais, no pleno celebrado onte o Concello de Mondoñedo tamén aprobou o regulamento de participación cidadá. “Un dos nosos principais obxectivos é o de abrir o concello á todos os veciños”, explica Candia, e nesta liña de traballo, “apróbase este regulamento que permite a existencia unha canle de comunicación para ter en conta as propostas dos veciños. Abrimos o concello e a política local aos veciños e ás asociacións para facelos partícipes dela”.
Reunión Camiño Norte
A alcaldesa de Mondoñedo anunciou que promovería a creación dun ente entre os concellos do Camiño Norte para establecer políticas de acción coordinadas e deste xeito “buscar sinerxías entre as distintas administracións locais polas que transcorre esta ruta Xacobea”. Nesta liña de traballo, Elena Candia convocou aos alcaldes do Camiño Norte para o vindeiro 5 de outubro, ás 12:00 horas en Mondoñedo.


 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net