El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22775631 visitas
 
O Concello informa da aparición de dous novos restos arqueolóxicos no municipio
01 / 10 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter

MenhirO Concello de Mondoñedo informa da aparición de dous novos restos arqueolóxicos no municipio. Trátanse dun menhir de case tres metros de altura localizado nas proximidades do Pico da Toxiza e dun Castra Aestiva, atopado preto da parroquia de Estelo.
A Dirección Xeral de Patrimonio procedeu á catalogación destes xacementos, localizados a partir de traballos de investigación e prospección do Servizo de Arqueoloxía.
Máis información entrando no seguinte enlace.


NOTA DE PRENSA

Mondoñedo, 01 de outubro de 2015.- Dende o Servizo de Arqueoloxía do Concello de Mondoñedo informan da aparición de dous novos restos arqueolóxicos no municipio.
A alcaldesa da localidade, Elena Candia, explica que a partir de traballos de investigación e prospección do servizo de arqueoloxía sobre o territorio mindoniense “localizáronse unha serie de elementos de interese arqueolóxico dentro do concello que foron comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio”.
O Servizo de Arqueoloxía da Delegación lucense da Dirección Xeral de Patrimonio visitou os lugares, acompañado polos servizos locais, e procedeu á catalogación de dous novos xacementos dentro do concello. Un dos restos é menhir, un momento megalítico, de case tres metros de altura localizado nas proximidades do Pico da Toxiza. O outro xacemento parecer ser un Castra Aestiva, un campamento militar romano de campaña, atopado preto da parroquia de Estelo.
A popular engadiu que nos vindeiros días procederase á documentación detallada de cada un deles e á elaboración de proxectos de investigación relacionados cos mesmos, sobre todo no caso do campamento para tentar corroborar “o que a todas luces parece ser un novo vestixio romano en Mondoñedo”.

Restos arqueolóxicos

Restos arqueolóxicos
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net