Polígono
O Goberno local anuncia o inicio das actuacións de limpeza do polígono industrial da localidade. O Concello levou a cabo as xestións oportunas para que SEA (propietario do polígono) acometese estas actuacións de desbroce.
O populares consideraban “inconcibible” o estado no que se atopaban estas parcelas e cualifican de moi necesaria esta actuación.
O Goberno local tamén está a realizar outra serie de xestións en relación co polígono como é a de procurar o abaratamento do prezo do solo industrial.
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 16 de outubro de 2015.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo realizou as xestións oportunas dirixidas a que Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), propietario do polígono industrial de Mondoñedo, levase a cabo as actuacións de limpeza do lugar. Así, os populares anuncian o inicio destas actuacións de desbroce.
O Goberno local consideraba “inconcibible”  o estado no que se atopaban estas parcelas e cualifican, polo tanto, de moi necesaria a actuación que se está a desenvolver no polígono, que xeraba “un claro estado de abandono e de falta de preocupación”.
Ademais de realizar os tramites oportunos para que se acometan os traballos de desbroce das parcelas, dende o Concello de Mondoñedo tamén están a realizar outra serie de xestións necesarias en relación co polígono. Entre elas, dende o Goberno local explican que un dos seus propósitos é o de lograr o abaratamento do prezo do solo industrial.
Por último, os populares reafirmáronse no seu claro compromiso á hora de asumir as actuacións oportunas dirixidas á xeración de emprego na localidade e ao asentamento de empresas que dinamicen a vida en Mondoñedo. 
 
 Polígono