El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22786729 visitas
 
O Goberno local nomeará a Don Enrique Cal Pardo fillo adoptivo de Mondoñedo
08 / 11 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A alcaldesa enxalza a figura “dun estudoso que día a día nos axuda a coñecer mellor a nosa terra e a sentirnos orgullosos dos nosos antepasados, os que sentaron as bases do que hoxe somos”
Candia define ao profesor como “a voz da Historia de Mondoñedo e de Galicia”
 
NOTA DE PRENSA 
A Corporación de Mondoñedo aprobou por unanimidade, a proposta da alcaldesa, iniciar o expediente de nomeamento de fillo adoptivo do municipio a Don Enrique Cal Pardo como agradecemento ao seu coñecemento exhaustivo da historia de Mondoñedo e a súa inmensa labor no arquivo Catedralicio.
No día de hoxe a alcaldesa, a popular Elena Candia, preside os actos de homenaxe coa presentación do libro de Cal Pardo Mondoñedo, catedral, cidade, bispado na segunda metade do século XV.
No transcurso dos mesmos, Elena Candia enxalzou a figura “dun estudoso que día a día nos axuda a coñecer mellor a nosa terra e sentirnos profundamente orgullosos dos nosos antepasados, os que sentaron as bases do que hoxe somos”. “É a voz da Historia de Mondoñedo e de Galicia”, destacou, nun acto marcado pola emotividade.
A rexedora subliñou ademais o carácter amable e voluntarioso dun home profundamente comprometido con Mondoñedo, preocupado polo estudo do seu pasado e pola súa evolución, “unha persoa á que queremos homenaxear polo seu importante traballo cultural e literario e pola súa encomiable achega sobre a nosa localidade”, expuxo.

Perfil
Profesor de Teoloxía no Seminario Maior de Mondoñedo (Lugo) entre os anos 1946-1967. Profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelá (Santiago) entre os anos 1970 e 1992. Formador do Seminario de Mondoñedo (1946-1954). Reitor do Seminario de Mondoñedo (1956-1958). Canónigo Archiveiro da Catedral de Mondoñedo desde 1953. Deán da Catedral de Mondoñedo desde 1979. Pro-Canciller do bispado de Mondoñedo entre os anos 1958-1966. Director Diocesano do Apostolado da Oración (1958-1967).
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net