El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22779512 visitas
 
O Centro Sociocomunitario ofrece zumba e baile moderno nunha xornada de portas abertas
19 / 11 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter

Centro Sociocomunitario O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece zumba e baile moderno nunha xornada de portas abertas.
As exhibicións, que serán gratuítas, celebraranse o vindeiro luns 23 de novembro e servirán de aliciente para todos os que desexen apuntarse a estas actividades que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro.
O custe destas actividades, que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro, dependerá do número de inscritos.

 
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 19 de novembro de 2015.- Os concelleiros de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Ángeles Rodríguez, Manuel Tapia e Alberto García, respectivamente,  e a directora do Centro Sociocomunitario, Mari Carmen Casasnovas, presentaron hoxe unha serie de actividades que de desenvolverán nunha xornada de portas abertas que terá lugar no Centro Sociocomunitario da localidade, o vindeiro luns 23 de novembro.
As exhibicións serán de zumba e baile moderno. A primeira delas ofertarase en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que entre as 17:45 e ás 18:45 horas será a de baile moderno. A xornada é gratuíta, e servirá de aliciente a todos os que queiran apuntarse a estas actividades, que ofrecerá o Concello de Mondoñedo a partir do mes de xaneiro, no Centro Sociocomunitario e na Casa da Xuventude.

Actividades que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro
O custe destas actividades, que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro, dependerá do número de inscritos e a intención é a de que as actividades teñan un horario flexible, "o mais axeitado tamén para a xente que traballa, de xeito que ninguén se quede sen poder desfrutar delas" salientou Alberto García, concelleiro de Xuventude.  Mentres que o edil de Deportes destacou as características desta iniciativa e o beneficio que teñen para os veciños ao tempo que incidiu no seu cariz “saudable”. Pola súa banda, a edil de Benestar anunciou que estas actividades poderanse completar con clases de pilates, se así o solicitan os interesados. Para mais información, os interesados poden chamar ao Centro Sociocomunitario de Mondoñedo a través do número de teléfono 982 507 186.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net