El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22798889 visitas
 
XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro
28 / 11 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Xornadas
O Goberno local programa para os días 11, 12 e 13 de decembro as XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro.
A matrícula, de carácter gratuíto, poderá formalizarse ata o venres día 11 de decembro.
Para a súa organización o Goberno local conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
 
 
NOTA DE PRENSA
O Goberno local do Concello de Mondoñedo programa para os días 11, 12 e 13 de decembro as XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro. Para a súa organización o Goberno local conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Programa
As xornadas darán comezo o día 11 de decembro ás 19:30 horas coa recollida de documentación no salón de actos da Casa da Xuventude. De seguido terá lugar o acto de inauguración e ás 20:00 horas o arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido pronunciará o relatorio A verba celta é tan polisémica que perdeu o seu significado.
O sábado ás 18:30 horas o relatorio correrá a cargo de Fermín Pérez Losada, da Universidade de Vigo, e levará por título: Arqueoloxía dos asentamentos rurais na Galicia romana: villae e casais.
O domingo día 13 ás 09:00 farase a saída de Mondoñedo para visitar o xacemento romano de Cambre, en A Coruña. Amais do xacemento, tamén se verá a igrexa de Santa María de Cambre, do século XII. Os participantes estarán acompañados polo director do xacemento romano, Ramón Boga Moscoso.
Matrícula
A matrícula do curso é de balde e pódese tramitar por correo ordinario -no enderezo Praza do Concello, s/n, 27740 Mondoñedo, Lugo- por fax, no número 982507421, ou a través do teléfono 982524003. Tamén se pode facer a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
A matrícula por correo electrónico pechará o día 11 ás 00:00 horas e ás 14:00 horas por correo ordinario.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, subliña a importancia dunhas xornadas que este ano celebran a súa edición número XV. “A súa continuidade vén a demostrar a nosa aposta decidida pola cultura, clave para o desenvolvemento do noso municipio”, remarca.
 
Cartel 
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net