El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22772817 visitas
 
Ciclo de teatro dedicado a Manuela Rei
09 / 01 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Auditorio
Os últimos sábados de mes durante o 2016 haberá función e no verán intentarase que a actividade se traslade á rúa
O Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro á figura de Manuela Rei.
Antonio Reigosa presentará o 2 de abril unha revista oral na que tamén se recolle información sobre a figura da actriz natural da localidade. Manuela tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo con só 23 anos.
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 9 de xaneiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro neste ano 2016 á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. A alcaldesa, a popular Elena Candia, sinala que no verán se intentará que a actividade teatral se desenvolva na rúa. 
No marco deste recoñecemento, que se inscribe na programación de dinamización cultural do novo equipo de Goberno, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, presentará o 2 de abril unha revista oral dentro do proxecto Profalías na Casa da Xuventude. Esta iniciativa está coordinada por Antonio Reigosa desde a sección de Literatura oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e recollerá información sobre a figura da actriz natural de Mondoñedo.
Unha vez gravada e editada esta peza formará parte do arquivo da AELG. Tamén se che doará unha copia ao Concello de Mondoñedo como colaborador. O patrocinio corre a cargo da área de Cultura da Deputación de Lugo, mediante un convenio asinado coa asociación. 
“Con esta serie de actividades culturais o Concello pretende por en valor a figura desta mindoniense ilustre que apostou polo teatro”, explica Candia.

Manuela Rey, perfil
Nacida en Mondoñedo en 1842, a actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Cando era unha nena pasa por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospeda na fonda na que traballaba súa nai, viúva e con dez fillos. Manuela conquista aos comediantes que lle propoñen levala en adopción. Con só seis anos subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis. 
Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía de teatro ambulante. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net