El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22792147 visitas
 
O Concello facilitará o acceso aos locais municipais baleiros a emprendedores
27 / 01 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O Concello de Mondoñedo facilitará o acceso aos locais municipais baleiros para empresas e autónomos que decidan emprender. O Goberno local aprobará o xoves unha ordenanza que fixa o prezo do metro cadrado destes espazos en 3,5 euros no caso de non ter acceso de vía e 2,5 euros con acceso de vía.
A rexedora destaca que o importe que se recade servirá para financiar os custos de mantemento dos establecemento e permitirá que os espazos infrautilizados pasen a ter un uso.
 
NOTA DE PRENSA
A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, avanza que o Concello que goberna facilitará o acceso aos locais municipais baleiros para aquelas empresas e autónomos que decidan emprender. Con este fin o Goberno local aprobará o vindeiro xoves unha ordenanza na que se regule a contratación deses espazos, cuxo prezo por metro cadrado será de 3,5 euros no caso de non ter acceso de vía e 2,5 euros con acceso de vía.
Inicialmente o Goberno local porá en aluguer tres espazos infrautilizados, un deles na Praza de Abastos, outro no quiosco das San Lucas e outro na contorna do Concello. 
A alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que se poñen espazos a disposición dos emprendedores, ao tempo que se recada unha cantidade para destinar ao mantemento deses locais, evitando así o seu deterioro. “Cumprimos un dobre obxectivo, axudamos a aqueles que buscan un local para acometer a súa actividade empresarial e ao mesmo tempo garantimos que eses espazos permanecen en bo estado de conservación”, engade.
A rexedora subliña ademais a vida e o movemento económico que este tipo de actividade pode carrexar para o centro da localidade. “Conseguimos así atraer actividade ao centro de Mondoñedo, contribuímos a xerar novos postos de traballo e conseguimos ingresos para o mantemento deses locais agora en desuso”, conclúe.

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net