Mondoñedo en Xantar
Elena Candia, na súa visita ao salón internacional de turismo gastronómico de Ourense, Xantar, fai unha valoración "moi positiva" da presenza do Concello na feira. Na imaxe está acompañada polo tenente de alcalde, Manuel Otero, e polo edil de Educación, Alberto García.
O stand de Mondoñedo ofrece pan da localidade, empanada de tortilla e as tartas das 3 pastelerías de Mondoñedo. Tamén se ofrece información turística do municipio e o presidente da Asociación Cultural As San Lucas coa colaboración do Goberno local promociona a feira máis antiga de Galicia. Hai ademais pezas expostas dos artesáns que fan o seu labor nos Muíños.

Xantar