El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22774855 visitas
 
Presentación Semana Santa 2016
12 / 03 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Semana Santa
A Venerable Orde Terceira, xunto á alcaldesa de Mondoñedo, e outros membros da organización presentaron esta tarde, ás 19:00 horas, no Centro Comarcal, o programa da Semana Santa mindoniense.
O Concello traballará no impulso da Semana Santa de Mondoñedo coa súa declaración de Interese Turístico Galego.
Inaugurouse tamén unha exposición de carteis e fotografías sobre a Semana Santa mindoniense que destaca pola súa antigüidade e por ser moi participativa.
 
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 12 de marzo de 2016.-  O Centro Comarcal de Mondoñedo acolleu esta tarde, ás 19:00 horas, a presentación do programa da Semana Santa 2016, organizada pola Venerable Orde Terceira, e coa que colabora o Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades como Protección Civil, ACIAM, Viveiros Cabaleiros ou Autos Morán. Unha Semana Santa singular e moi antiga que dende o Concello queren poñer en valor e traballar para a súa declaración de Interese Turístico Galego.
Durante o acto de presentación tamén se inaugurou unha exposición de carteis e fotografías sobre a Semana Santa de Mondoñedo, organizada polo Concello. Distribuíuse en 21 paneis, a través dos que se mostran os carteis da Semana Santa ao longo dos últimos anos; fotografías antigas de procesións dende 1930 e 1940; imaxes coa participación de xente nas procesións e fotografías individualizadas a través das que se evidencia a beleza dos distintos pasos.
As procesións de Mondoñedo destacan, sobre todo, pola súa antigüidade, con pezas como unha Cruz do século XII e mesmo tallas do século XVII e XVIII. Ademais, caracterízanse por seren procesións moi participativas e recollidas, a diferenza doutras celebracións nas que son numerosos os asistentes que se acercan a velas pero menor o número de persoas que forman parte da procesión. A Semana Santa de Mondoñedo ofrece outras singularidades de gran beleza como é a celebración do Via Crucis cara o Mosteiro dos Picos.
Neste senso, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, destaca que dende o Concello “queremos poñela en valor “ e traballar no seu impulso coa súa declaración de Interese Turístico Galego.
 
Semana Santa 

Programa
A Venerable Orde Terceira presentou o programa que comezará o sábado 19 de marzo, coa lectura do pregón, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude e que pronunciará o M. Il. Sr. D. José María Díaz Fernández, deán emérito da Catedral de Santiago. Celebrarase ademais un concerto do Orfeón Mestre Pacheco.
En canto aos actos litúrxicos:
O Domingo de Ramos, ás 11:30 horas iniciarase a procesión na Igrexa de Santiago ata a Catedral, onde se celebrará a Misa da Pasión do Señor e a Bendición de Ramos. As 19:30 é a Procesión do Ecce Homo,  que sae da Igrexa da Venerable Orde Terceira, coa participación de imaxes portadas por nenos que saen do Convento da Inmaculada Concepción. 
O Martes Santo, a Misa Crismal (Día do Sacerdocio e da bendición dos Santos Óleos), será ás 12:00 horas, na Catedral, e presidida polo Excmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco, Obispo de Lugo.
O Mércores Santo, ás 19:00 horas, celebrase o Via Crucis cara o Mosteiro dos Picos.
O Xoves Santo, ás 17:00 horas, misa da Cena do Señor na Catedral, e ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento. Os pasos desta procesión saen da Igrexa dos Muíños ata a Igrexa da Orde Terceira.  Ás 23:00 horas é o acto de Adoración Eucarística.
O Venres Santo, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que sae da Igrexa da Orde Terceira e celébrase na zona da Fonte Vella, con tallas do século XVII e XVIII. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Pasión do Señor, presidida por D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador Diocesano. Ás 18:00 horas, celebrase a Procesión do Santo Enterro, procesión dos homes, que sae da Catedral, e na que participan a urna co Cristo Yacente ou a Cruz do S. XII, mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral, na que soamente participan mulleres, e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid. 
O Sábado Santo, ás 23:00 horas, é a Vixilia Pascual coa bendición do fogo e procesión co Cirio Pascual na Catedral, ademais do canto do Pregón Pascual,  Bendición da Auga e celebración da Eucaristía.
O Domingo de Pascua, ás 12:00 horas, é a misa de Resurrección na Catedral. 
 
Semana Santa 
 
Semana Santa

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net