El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
21195001 visitas
 
O Concello de Mondoñedo porá en marcha un programa de voluntariado cultural
14 / 05 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A través desta iniciativa o Goberno local promoverá e fomentará o voluntariado, regulando a forma de participación dos cidadáns que, de maneira altruísta e solidaria, queiran colaborar na prestación de actividades culturais na cidade.
Esta proposta nace co obxecto de dar a coñecer todo o patrimonio arquitectónico, cultural e natural que ofrece a localidade.
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 14 de maio de 2016.- O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, porá en marcha un programa de voluntariado cultural para fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de actividades culturais na localidade. A través do voluntariado o proxecto busca conseguir un acceso directo, solidario e eficaz, ao inxente patrimonio cultural material e inmaterial da cidade e colaborar con aqueles sectores que se atopen necesitados ou que constitúen un punto de partida no acceso á cultura.
Dun xeito máis concreto, a alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que o programa ten por obxecto fomentar o voluntariado cultural, regulando basicamente o seu funcionamento e establecendo as canles de participación dos cidadáns que, de forma solidaria e altruísta, queiran colaborar na prestación de actividades culturais na cidade de Mondoñedo. Así, a través deste programa quedarán regulados os dereitos e obrigas dos voluntarios culturais e a súa relación co Concello de Mondoñedo.
A rexedora indica que Mondoñedo conta cun gran patrimonio material e inmaterial dentro do seu territorio, tanto arquitectónico como natural e cultural “que debe ser potenciado, protexido e amosado con respecto”. “Constitúe un recurso único para Mondoñedo que debe darse a coñecer a toda a xente que poda estar interesada nel pero partindo dunha xestión sostible que permita a conservación do mesmo. Así, queremos levar a cabo este desenvolvemento a través do Voluntariado Cultural”, asegura. 
 
Bases do programa
A Concellería de Cultura anunciará en medios de difusión pública os prazos de inscrición nas actividades de voluntariado cultural, a forma en que han de ser formalizadas ditas inscricións e os programas específicos aos que se pode optar. 
Así, poderán adquirir a condición de voluntario cultural todas as persoas físicas que libremente se comprometan a realizar unha actividade de voluntariado para o que deben formalizar por escrito un compromiso de incorporación e colaboración co Concello que regula entre outros contidos, a aceptación do carácter altruísta das relacións, a especificación dos dereitos e deberes de ambas as partes, a identificación da persoa responsable do programa no que a persoa voluntaria desempeñará a súa actividade, a formación necesaria para o desenvolvemento de programas específicos, así como as causas que motivarían a exclusión.
As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa dos seus pais. 
A persoa que decida sumarse recibirá a correspondente acreditación da súa condición de voluntaria, que conterá como mínimo os datos persoais e identificativos e da entidade e máis a data e a duración ou denominación do programa ou programas no que desenvolva a actividade voluntaria. 

Programas específicos a desenvolver
As actividades nas que poderán colaborar os voluntarios culturais suxeitos a este programa, sen recibir contraprestación nin mediar obriga ou deber xurídico son, entre outras:
Fomento da lectura, lectores-acompañantes que mediante lecturas a domicilio para maiores conseguirán mellorar a súa calidade de vida
Apertura e vixilancia daquelas dependencias onde se instalen puntos de lectura ou se realicen exposicións
Labores de intercambio de libros, discos e películas entre persoas do concello e a Biblioteca
Colaboración na montaxe, coordinación e desenvolvemento de actos culturais
Servizo de tradutores que acompañen aos guías turísticos cando nos visiten grupos de estranxeiros: ingleses, franceses etc.
Guías que acompañen aos visitantes que desexen ver algún monumento ou ruta que estea fora das rutas oficiais
Guías situados nun determinado monumento para que o expliquen con detalle ao visitante
Reforzo nos programas de inserción
Programas formativos de oficios tradicionais
A Concellería de Cultura poderá definir novos proxectos ou realizar as modificacións que estime oportunas nos xa referidos.

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net