Feira Mostra
As IX Xornadas do peregrino Abrindo Camiño terán lugar entre o venres 24, o sábado 25 de xuño e o sábado 2 de xullo en Mondoñedo con táboas redondas, encontros, fam treep, roteiro Leiras Pulpeiro e a romaría na Fervenza, en Viloalle, na última xornada.
Coincidindo con estas xornadas, o sábado 25 de xuño, tamén se celebrará a Feira Mostra Os Muíños que acollerá o seu primeiro Encontro de Artesáns, demostracións de oficios, obradoiros para nenos e nenas e animación musical. Máis información e programa no seguinte enlace.

Presentación

Programa completo das xornadas, aquí.