El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22776387 visitas
 
Mondoñedo mellorará as prazas da localidade grazas ao Plan Hurbe da Xunta
16 / 06 / 2016 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O Concello de Mondoñedo mellorará as prazas da localidade grazas ao Plan Hurbe da Xunta de Galicia, que destina ao noso municipio 150.000 euros. A alcaldesa, Elena Candia, subliñou a importancia destas actuacións que permitirán facer destas áreas emblemáticas “uns lugares máis cómodos e agradables para os nosos veciños e veciñas”.
Actuarase nas prazas da Catedral, dos Muíños, de San Juan, de Noriega Varela, así como no cruce de San Lázaro.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 16 de xuño de 2016.- O Concello de Mondoñedo mellorará as prazas de localidade grazas unha subvención ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta de Galicia que destinará unha contía total de 150.000 euros para levar a cabo as actuacións na vila. Así llo trasladou recentemente á rexedora, a popular Elena Candia, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

En concreto, mellorarase a praza da Catedral, a praza dos Muíños, a de San Juan, a de Noriega Varela; así como o cruce de San Lázaro. As actuacións incluirán, entre outras obras, a reparación e renovación de pavimentos, a dotación de papeleiras, a adecuación de farolas, a construción de varandas para as escaleiras e a creación de espazos libres de calidade. 

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, amosouse moi satisfeita con esta concesión por parte de Xunta de Galicia e salientou a importancia das actuacións que se van a levar a cabo. “O obxectivo final é facer destas áreas emblemáticas uns lugares máis cómodos e agradables para todos os veciños e veciñas de Mondoñedo para facilitarlles o desenvolvemento da súa vida cotiá”. 
Candia avanzou que nos próximos días se lle precisará aos veciños e veciñas de cada barrio as actuacións concretas que se van a levar a cabo  e engadiu que “manteremos reunións en cada barrio para informalos ao detalle dos pormenores das obras que se van a acometer”.
O Plan Hurbe
O Plan Hurbe, posto en marcha no ano 2010 naceu cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas, favorecer a cooperación da administración autonómica e a local e promover o reequilibrio territorial en Galicia.
Dende o ano 2010 executáronse ao abeiro desta iniciativa 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Deste total, 25 millóns (19 actuacións) destináronse á provincia de Lugo.
Este ano, o investimento global no Hurbe ascenderá a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns. Do total, 1,5 millóns destinaranse a novas obras na provincia de Lugo.






 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net