El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22766280 visitas
 
Avance do XXV Mercado Medieval
15 / 07 / 2016 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Mercado Medieval
O Concello de Mondoñedo presenta o programa do XXV Mercado Medieval con máis animacións que en edicións pasadas.
A alcaldesa, Elena Candia, deu a coñecer esta mañá o cartel da festividade que se levará a cabo do 12 ao 14 de agosto e puxo en valor o incremento de actividades coas que contará este ano.
Candia destacou a presenza dos cabaleiros de Ulver, a actuación estelar de Bruxo Queimán e Andrea Pousa ‘soños dunha terra’, unha exposición numismativa ou as mesmanadas infantís, entre outras moitas actividades. A rexedora salientou que “traballamos ao máximo para deseñar un programa que pon en valor a nosa historia”.
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 15 de xullo de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación do cartel e do programa da XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.

A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. Candia destacou, de xeito especial, o apoio prestado pola ANPA do colexio e da Escola de Música Municipal.
A rexedora puxo en valor o incremento de actividades coas que contará o XXV Mercado Medieval con respecto a edicións anteriores. Neste senso, destacou a presenza dos cabaleiros Cabaleiros de Ulver, a actuación estelar de Bruxo Queimán e Andrea Pousa ‘soños dunha terra’ ou as mesmanadas infantís, entre outras moitas. Candia salientou que esta edición conta con “máis animación e estará máis centrada, se cabe, en motivos medievais que as edicións pasadas”. 
Demostracións de oficios tradicionais, ambientación de personaxes desa época ou postos onde se poderán degustar produtos típicos da comarca encherán toda a cidade mindoniense durante a fin de semana. A alcaldesa destacou tamén que este ano, como novidade, inaugurará a XXV edición do Mercado Medieval unha exposición numismativa.
A rexedora indicou que os días que dure a festividade haberá degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá, e un posto de venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral. Salientou tamén que “ademais da caracterización de toda a cidade con motivos medievais como en pasadas edicións, este ano extenderemos a colocación dos postos ata a Alameda”.
Elena Candia explicou que o seu equipo de Goberno implicouse ao máximo no deseño dun programa “que pon en valor a nosa historia” e precisou que “este ano os dípticos inclúen, ademais do horario detallado con todas as actividades, un plano coa ubicación precisa das mesmas”. 
Homenaxe aos voluntarios e voluntarias
Candia aproveitou a súa intervención para recoñecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval e agradeceu “o esforzo feito por todos voluntarios e voluntarias e a todas as persoas que fixeron posible que este mercado se puxera en marcha fai xa 25 anos e que logran que ano tras ano sexa un éxito”. A rexedora lembrou que “para agradecer este inmenso traballo instalamos unha placa conmemorativa na Praza da Catedral a modo de homenaxe”.
A alcaldesa destacou tamén a importancia desta festividade que ano tras ano congrega a centos de visitantes. “O Mercado Medieval de Mondoñedo converteuse no mercado máis antigo da comarca e nun referente para todo o norte de España ao que acoden turistas de toda Galicia e que cada año aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas como Asturias, fomentando o turismo de proximidade”, precisou.

Mercado Medieval


 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net