IES San Rosendo
A Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, agradece a condecoración ao IES San Rosendo, do que destaca “o enorme servizo á cidade a través da formación de xeracións de alumnos e a súa contribución á dinamización municipal”. Ademáis, destaca que o galardón outorgado polo  Ministerio de Educación ao centro de Mondoñedo se converte “nun novo acto que potenciará a imaxe da cidade e a calidade educativa dos estudantes”.
A rexedora quixo felicitar a todo o persoal educativo que ao longo de 60 anos formou parte da historia do centro de ensinanza e que “cos seus coñecementos e a súa dedicación converteron o instituto nun referente no seu ámbito”.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 24 de outubro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quixo agradecer a distinción que o Ministerio de Educación outorgou ao IES Sa Rosendo da localidade dentro das condecoracións que concede a Orde Civil Alfonso X El Sabio a entidades que se distinguiran, neste caso, no eido educativo. Candia destacou do centro formativo da cidade o “enorme servizo que está a ofrecer á provincia dende hai máis de 60 anos a través da contribución de xeracións de alumnos” e á cidade “ao converterse nun dinamizador da actividade municipal”

Neste senso, a condecoración recibida polo Instituto de Educación Secundaria é "o froito de anos de traballo moi coidado” desenvolvido pola comunidades educativa, asegurou a rexedora, quen quixo felicitar “a todo cadro educativo tanto o actual como o que ao longo dos anos dende 1954 formou parte da historia deste centro e que “cos seus coñecementos e a súa dedicación converteron o instituto de Mondoñedo nun referente no seu ámbito”.

A alcaldesa de Mondoñedo tamén puxo en valor a “importancia” que esta condecoración ten para a cidade mariñá xa que “é un novo acto que pon a Mondoñedo no mapa e que potenciará a imaxe da nosa localidade, ademais de situala como un referente educativo”.  “Mondoñedo é historia e é cultura e continuamos a contribuír ao enorme legado recibido”, matizou.

Elena Candia asegura ademais que os centros de ensinanza de Mondoñedo “convertéronse en dinamizadores da nosa actividade municipal e un dos novos compromisos dende o Concello e no que continuaremos a traballar é na ampliación da oferta educativa para o que sempre trasladamos o noso apoio e a nosa colaboración”.