El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22771803 visitas
 
Finalizan as obras de mellora da estrada LU-124
30 / 10 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Obras
Finalizan as obras de mellora da estrada LU-124 ao seu paso polo casco urbano de Mondoñedo.
As actuacións foron financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas cunha subvención de preto de 773.000 euros que permitiu tanto a rehabilitación do tramo urbano, como a adecuación e balizamento dos 7,5 km do vial ata o enlace coa A-8 e a mellora entre Lindín e Cruz da Cancela.
A alcaldesa, Elena Candia, agradece o compromiso da Xunta de Galicia coa localidade mindoniense e pon en valor a importancia destas obras “que melloran substancialmente o firme da estrada ao seu paso polo municipio, o que permite aos usuarios transitar en condicións moito máis cómodas e seguras”. O reforzo de firme na travesía da estrada LU-124 contou cun orzamento de 154.230 euros do Plan Move.
 
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 29 de outubro de 2016.- O Concello de Mondoñedo informa do remate das obras de mellora da estrada LU-124 ao seu paso polo casco urbano do municipio. En concreto, o reforzo de firme na travesía da estrada LU-124 contou cun orzamento de 154.230 euros e enmárcase no Plan Move.

Esta actuación forma parte do proxecto integral de rehabilitación do tramo urbano da vía e da adecuación e balizamento dos 7,5 km ata o enlace coa A-8, financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas cun importe de preto de 773.000 euros. O investimento permitiu tanto a rehabilitación do tramo urbano, como a adecuación e balizamento dos 7,5 km do vial ata o enlace coa A-8, así como a mellora entre Lindín e Cruz da Cancela.
A alcaldesa, Elena Candia agradece o compromiso da Xunta de Galicia coa localidade mindoniense e pon en valor a importancia destas obras “que melloran substancialmente o firme da estrada ao seu paso polo municipio, o que permite aos usuarios transitar en condicións moito máis cómodas e seguras”.
Treito urbano
As actuacións que veñen de rematar leváronse a cabo ao longo dos 1,34 quilómetros, polo que se estende esta estrada no treito urbano de Mondoñedo. E en concreto, procedeuse á rehabilitación do firme mediante o fresado e reposición nos puntos nos que resultou necesario. Así mesmo, tamén se levou a cabo a extensión dunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente, o que mellora por completo o firme do vial. 

A alcaldesa subliña a importancia da execución destes traballos e destaca que “grazas a estas obras que veñen de rematar mellórase o firme desta estrada polo casco histórico de Mondoñedo, o que permite o tránsito en condicións cómodas e seguras para os veciños e veciñas da zona e dos que utilizan ese tramo para acceder á autovía do Cantábrico”. Candia salienta tamén que “a través deste tipo de actuacións, a Xunta de Galicia pretende dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas viarias máis seguras e confortables para os usuarios”.

Obras
 
Obras 
 
Por outro lado, o Goberno local tamén completa un ciclo de acometidos na área das instalacións deportivas con obras como a da renovación da pista do pavillón, a da creación dunha pista de padel ou a dos acometidos de mellora na piscina municipal, que reforzan o impulso e o fomento da actividade deportiva na cidade.
 
Obras 
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net