El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22766894 visitas
 
Candia: o premio outorgado por Turismo de Galicia representa un apoio ao traballo do Concello
21 / 12 / 2016 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Premio
Elena Candia sostén que o premio outorgado hoxe por Turismo de Galicia supón un importante apoio ao traballo que se está a facer desde o Concello.
A rexedora recolleu en Santiago o galardón destinada a distinguir as iniciativas dos concellos polos que discorren as diversas rutas do Camiño de Santiago.
A alcaldesa felicita a todo o equipo que conforma o IES Plurilingüe San Rosendo tamén condecorado.
Destaca que “entre todos faremos de Mondoñedo un lugar único para vivir e máxico para visitar”.
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 20 de decembro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, recolleu hoxe en Santiago o premio de Turismo de Galicia que recoñece as iniciativas dos concellos polos que discorren as diversas rutas do Camiño de Santiago. O galardón, sostivo a rexedora, supón un importante apoio ao traballo que se está a desenvolver desde o Concello.
Todas as accións que motivaron o premio están ou ben xa levadas a cabo ou en fase de execución por parte do Goberno local de Mondoñedo.
O proxecto presentado polo Concello para facerse con este premio recolle os eixos sobre os que pivotan as actuacións promovidas desde a localidade. En concreto catro. Intervencións encamiñadas á protección do patrimonio do Camiño, medidas concretas para a mellora da sostenibilidade, iniciativas destinadas aos peregrinos, que supoñan a presentación de novos servizos e actuacións de promoción, divulgación e fomento do coñecemento e do interese cultural e turístico do Camiño.

Patrimonio e sostenibilidade 
No que se refire á protección do patrimonio, as accións levadas a cabo son varias, como o adecentamento do casco histórico, a adecuación da Praza da Catedral como un espazo libre de coches, a decoración floral en balcóns. No caso da mellora da sostenibilidade apostouse polo desbroce de fincas particulares e o adecentamento de inmobles e a limpeza das fincas municipais.

Peregrinos
En canto ás iniciativas destinadas aos camiñantes, destacan o traslado do centro de interpretación do Camiño para achegalo ao albergue municipal de peregrinos, a ampliación dos horarios dos museos artesáns, a elaboración dunha guía do Camiño ao seu paso por Mondoñedo, un programa de voluntariado cultural, acordos con axencias de viaxes, o convenio coa Federación de Espeleoloxía, así como a creación da marca Mondoñedo...mil historias para vivir.

Promoción e divulgación
Por outra banda, tamén se están a desenvolver actuacións de promoción, divulgación e fomento do coñecemento e do interese cultural e turístico do Camiño a través da sinatura dun convenio coa USC, o proxecto da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro e finalmente, a posta en marcha do Museo da Imprenta.
A rexedora de Mondoñedo felicita ademais a todo o equipo que conforma o IES Plurilingüe San Rosendo galardoado na categoría que recoñece os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo nos centros de ensinanza de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. “Entre todos faremos de Mondoñedo un lugar único para vivir e máxico para visitar”, conclúe.

Premio Turismo de Galicia

NAVA CASTRO ENXALZA A IMPORTANCIA DOS PREMIOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO PARA RECOÑECER AS INICIATIVAS QUE MELLORAN A RUTA

A Cidade da Cultura acolleu esta tarde o acto de entrega destes galardóns, impulsados pola Xunta de Galicia
Nesta segunda edición, Turismo de Galicia achegou un total de 75.000 euros para as oito distincións concedidas 
Durante o acto, Nava Castro destacou que con estes premios búscase distinguir a todos aqueles que desenvolven iniciativas que favorecen o bo estado da Ruta Xacobea
Así mesmo, sinalou que o Goberno galego xa executou un 60% das actuacións previstas no seu Plan Director do Camiño

Santiago, 20 de decembro de 2016.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou que os Premios Camiño de Santiago son de “suma importancia” para recoñecer aquelas iniciativas públicas e privadas que traballen por conservar e mellorar as distintas rutas do Camiño de Santiago. A directora fixo estas declaracións no acto de entrega da segunda edición dos galardóns celebrado na Cidade da Cultura. 

Nava Castro explicou que o Camiño conta con grandes recoñecementos internacionais e que o Goberno galego quere distinguir a todos aqueles que desenvolven iniciativas que favorecen o bo estado da Ruta Xacobea, que en 2016 xa recibiu máis de 277.500 peregrinos, un 6% máis que no mesmo período do ano anterior. 

Estes premios constitúen un recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, aquelas que impulsan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, así como as accións específicas de divulgación e promoción do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

Deste xeito, os principais obxectivos destes galardóns son avanzar na mellora de cada un dos itinerarios do Camiño de Santiago así como, no seu contorno ambiental, paisaxístico e arquitectónico e a súa protección xeral e posta en valor.

Así mesmo, buscan aumentar a sensibilidade cidadá coa relevancia dos valores do Camiño de Santiago e estimular o coñecemento do patrimonio xeral do Camiño fomentando a colaboración cidadá en coordinación coas administracións públicas.

Galardoados
Na primeira categoría, destinada a distinguir as iniciativas dos concellos polos que discorren as diversas rutas do Camiño de Santiago, o primeiro premio recaeu no Concello de Mondoñedo e o segundo, no Concello de Oroso.

A segunda categoría, orientada a premiar as actuacións desenvolvidas polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, recoñeceu o traballo da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Burgos –primeiro premio- e da Asociación Jacobea de Málaga.

Pola súa parte, na terceira categoría, que recoñece as iniciativas ou as actividades desenvolvidas polas pequenas e medianas empresas, o primeiro premio foi para Maseybuco e o segundo, para Zerozero Imagen y Comunicación.

Por último, a cuarta categoría premiou ao Centro de Estudios Galegos-Universidade de Kiel, na modalidade que distingue os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación ou cultura xacobea ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago, e ao IES Plurilingüe San Rosendo-Mondoñedo, na categoría que recoñece os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo nos centros de ensinanza de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Nesta segunda convocatoria dos Premios Camiño de Santiago, Turismo de Galicia achegou un total de 75.000 euros para as oito distincións concedidas. Nas categorías primeira, segunda e terceira os primeiros galardoados recibiron un premio por importe de 15.000 euros e os segundos clasificados, 5.000 euros. Aos gañadores da cuarta categoría correspondeulles un recoñecemento de 10.000 euros para a modalidade de investigación e estudo e de 5.000 euros na categoría destinada aos traballos de carácter educativo.

Plan Director do Camiño
Nava Castro tamén salientou que a Xunta de Galicia xa leva executado un 60% do Plan Director do Camiño aprobado o pasado ano para o período 2015-2021 cunha dotación de 60 millóns de euros e que contempla un total de 26 plans de acción e 85 iniciativas a impulsar para a mellora da Ruta Xacobea. 

Entre estas actuacións xa executadas ou iniciadas, a directora puxo en valor a creación dos albergues na Fonsagrada e na cidade de Ourense, así como as intervencións de mellora en multitude de albergues públicos para garantir a accesibilidade e a implantación do servizo Wifi na Rede Pública de Albergues. 

Neste sentido, Nava Castro tamén enxalzou a Orde de sinalización para a adaptación das diversas Rutas Xacobeas á delimitación oficial,  o Plan de Actuación no Monte do Gozo, a posta en marcha da Comisión de Seguridade Viaria no Camiño de Santiago -en colaboración coa Delegación do Goberno en Galicia- e a creación da Cátedra Camiño de Santiago e peregrinación coa colaboración da USC e a Catedral de Santiago, convenio de financiamento asinado onte mesmo. 







 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net