El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 2 visitantes en línea
Contador
20636252 visitas
 
Entrega de premios do concurso fotográfico "O meu recuncho de Mondoñedo"
02 / 01 / 2017 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Premios
O Concello fixo entrega este sábado dos premios aos gañadores do concurso fotográfico ‘O meu recuncho de Mondoñedo’.
Dende o Goberno local convidaron aos mindonienses a que fixesen chegar ao Concello fotografías dos seus lugares favoritos da localidade, entre as que un xurado profesional seleccionou trece para a elaboración dun calendario 2017, que se remitirá a cada veciño. 
A alcaldesa e o edil de Educación agradeceron a boa acollida desta iniciativa que na súa primeira edición recibiu 74 fotografías “todas merecentes de ser incluídas no calendario”.
 
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 1 de xaneiro de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, entregaron este sábado os premios aos gañadores do concurso fotográfico convocado polo Concello baixo o lema ‘O meu recuncho de Mondoñedo”.

Dende o Goberno local convidaron aos mindonienses a participar nesta iniciativa a través do envío de fotografías cos seus lugares favoritos da localidade, co obxectivo de elaborar coas imaxes recibidas un calendario 2017.

Elena Candia e Alberto García agradeceron a boa acollida que tivo o concurso ‘O meu recuncho de Mondoñedo’, que na súa primeira edición recibiu 74 fotografías, “todas merecentes de ser incluídas no calendario”, aseguran. 

Entre o total das imaxes que os participantes remitiu ao Concello, un xurado composto por fotógrafos profesionais do eido xornalístico e artístico e por membros da Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Mondoñedo, seleccionaron 13 fotografías, unhas delas para a portada do calendario e as restantes para cada mes do ano. O calendario municipal 2017 remitirase a todos os fogares de Mondoñedo.

Autores das trece fotografías seleccionadas para confeccionar o calendario:
Portada: Carme Bouso
Mes de xaneiro: Andrea Gacio
Mes de febreiro: Celia Trashorras
Mes de marzo: Ester Otero
Mes de abril: Gonzalo Sánchez
Mes de maio: Marta Rodríguez
Mes de xuño: Lucía López
Mes de xullo: Melba Paz
Mes de agosto: Diego Muruais
Mes de setembro: Anxo García
Mes de outubro: Cristina Carracedo
Mes de novembro: Maite Baamonde
Mes de decembro: Anxo G. Ferreiro

Premiados 
 
O xurado encargado de fallar os premios do concurso ‘O meu recuncho de Mondoñedo’ tamén elixiu as tres melloras fotografías de entre todas as recibidas. Os gañadores recibiron un diploma e un libro, galardoado co premio Planeta, de mans da alcaldesa e do concelleiro delegado no acto que se celebrou este sábado no Salón de Plenos do Concello. 

Durante a entrega de premios, que presentou Gilberto Ares, tamén se presentou oficialmente o calendario nado a raíz desta iniciativa fotográfica. No transcurso do acto, fíxose entrega ademais dun exemplar do calendario a cada un dos trece autores das imaxes seleccionadas.

Os tres premiados foron Celia Cabanas Trashorras, Cristina Carracedo e Gonzalo Sánchez Díaz. Así, Candia e García quixeron agradecer tanto “ao xurado pola súa complicada labor como a todos os participantes”, ao que engadiron que “somos conscientes de que calquera foto podería ser gañadora, polo que non se establece unha orde entre os galardoados”.

A alcaldesa e o edil amosáronse de novo moi contentos con esta iniciativa e co seu resultado xa que “nos permite desenvolver o sentimento que temos pola nosa cidade, polos lugares que nos traen os nosos mellores recordos, por aqueles que máis sentimos ou polos que simplemente máis nos gustan”. Así,  volveron a destacar o aspecto “sentimental” desta iniciativa xa que “permitiu aos participantes mergullarse nas súas vivencias na cidade e no rural, recorrer os recunchos que máis lles apaixonaron e facelo en complicidade coa familia”.



 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net