El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22289364 visitas
 
O Concello subvencionará obras de mantemento e intervención en edificacións do casco histórico
17 / 04 / 2017 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O Goberno local aprobou no pleno de marzo unha liña de axudas, cun orzamento superior aos 143.000 euros, dirixidas a colaborar economicamente coa execución de traballos de mellora en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, da área de Rehabilitación Integral.
A alcaldesa de Mondoñedo pon en valor a necesidade desta convocatoria de axudas, cuxas bases se publicarán en breve no BOP, dada a “importancia que ten manter o noso casco histórico nun bo estado de conservación”
 
NOTA DE PRENSA
O Concello de Mondoñedo subvencionará obras de mantemento e intervención en edificacións do casco histórico, en concreto en vivendas da Área de Rehabilitación Integral. 

O Goberno local aprobou esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 143.017,19 euros e un número máximo de actuacións de 25, na sesión plenaria do mes de marzo e, en breves, segundo indica a alcaldesa da localidade, Elena Candia, publicaranse as bases no Boletín Oficial da Provincia, data a partir da cal se abrirá un prazo de dous meses para a presentación das solicitudes. 

Candia pon en valor a necesidade de promover esta convocatoria de axudas por parte da administración local dado que considera de “importancia manter en bo estado de conservación o noso casco histórico”. “Son unhas axudas moi demandadas e relevantes para colaborar economicamente con actuacións que permitirán afondar na rehabilitación da nosa cidade”, precisa.
 
Bases
As bases desta convocatoria de axudas establecen que poderán ser beneficiarios das subvencións os propietarios de vivendas ou donos únicos de edificios de vivendas, así como as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades e os consorcios e entes asociados de xestión. Así, precisase que cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada un deles.

Na convocatoria, considéranse actuacións protexidas aquelas que conten cun orzamento mínimo por vivenda rehabilitada ou que participe nos custos de rehabilitación dun edificio de 1.000 euros. A contía da axuda será dunha porcentaxe máxima do 35% do orzamento de execución material cun límite máximo de ata 11.000€ por actuación.

De igual xeito, regúlase que o  prazo máximo de execución destas obras será ata o 31 de decembro de 2017, coa posibilidade de amplialo según autorización do IGVS. Deste xeito, inclúense como actuacións subvencionables a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente. Poderán acollerse ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas a data da presentación das solicitudes. De igual xeito, poderán engadirse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados precisos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados , excluídos impostos, taxas e tributos.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net