El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22786089 visitas
 
Participa en "Florea o teu balcón" ata o 31 de maio
19 / 04 / 2017 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Florea o teu balcón
O Concello de Mondoñedo abriu o prazo de inscrición no II concurso de ornamentación ‘Florea o teu balcón’.
O edil de Educación e Novas Tecnoloxías convida aos veciños a participar nesta proposta dada a importancia de “manter vivo o noso casco histórico” ademais de que esta iniciativa “tamén supón un aliciente para o turismo”. Alberto García explica que mediante este concurso “pretendemos poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da nosa cidade, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”. 
Os interesados que reúnan os requisitos para participar teñen de prazo ata o día 31 de maio para anotarse. 
NOTA DE PRENSA
O Concello de Mondoñedo abriu o prazo de inscrición na segunda edición do concurso de ornamentación ‘Florea o teu balcón’. Os interesados que reúnan os requisitos para participar teñen de prazo ata o día 31 de maio para anotarse.

As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberán indicar o nome, apelidos e DNI, xunto ao enderezo do balcón.
Presentación do cartel
O edil de Educación e Novas Tecnoloxías, Alberto García, participou esta mañá na presentación do cartel que anuncia esta segunda edición do concurso promovido polo Concello de Mondoñedo, e que conta tamén coa colaboración do departamento de Turismo da Xunta de Galicia e co Instituto de Educación Secundaria San Rosendo. 
 
A artista encargada do deseño do cartel foi a artesá mindoniense, Julieta Vargas, da que García destaca “o seu bo facer” e a “súa profesionalidade” e a que agradece “a súa colaboración con esta iniciativa”.

Alberto García explica que mediante este concurso “pretendemos poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da nosa cidade, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”. 

Con esta idea, o edil convida a participar aos veciños dada a importancia de “manter vivo o noso casco” ademais e que esta iniciativa “tamén supón un aliciente para o turismo”. Neste eido, o concelleiro lembra a boa acollida que tivo a primeira edición do concurso e mesmo recorda que no informe elaborado para a entrega do premio recibido polo Concello de Mondoñedo pola súa contribución ao Camiño de Santiago “aparece remarcado este concurso como un dos traballos postos en marcha polo Goberno local dentro dunha forte aposta pola dinamización do turismo na nosa cidade”. 

Bases
As bases do concurso, que serán enviadas a cada domicilio durante este mes de abril, establecen que poderán participar todos aqueles particulares que dispoñan de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. Así, establécese que o alcance do concurso será todo o casco urbano da cidade de Mondoñedo, incluíndo casco histórico e os barrios tradicionais de Os Muíños, Os Remedios e San Lázaro. 

Xurado e premios
O concurso prolongarase durante toda a primavera e o verán, ata finais de agosto, período durante o cal o xurado realizará visitas periódicas valorando entre outros aspectos:
  1. O estado de conservación e mantemento semanal dos balcóns inscritos a concurso.
  2. A orixinalidade na ornamentación.
  3. A variedade, cantidade e calidade florística.
  4. O adecentamento da fachada e o resultado global.
  5. A colocación de elementos accesorios tales coma xardiñeiras, colgantes, etc.
  6. O inxenio ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no concurso.
   
Nas bases tamén se rexe que o xurado cualificador estará integrado por profesores e alumnos do módulo de xardinería do IES San Rosendo; membros da área de Turismo da Mancomunidade de A Mariña; un representante da área provincial da Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia e membros da oficina de rehabilitación do Concello de Mondoñedo. O xurado cualificador fará público o resultado do concurso a principios de setembro. 
O Concello de Mondoñedo establece seis premios dotados con 250 euros o primeiro premio; 200 o segundo;  150 o terceiro; 100 o cuarto; 75 euros o quinto premio e, por último, 50 euros para o sexto premio. Aos galardoados tamén se lles entregará un diploma acreditativo para colocar xunto ao balcón. 

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net