 A Fonte Vella, coñecida tamén como a fonte de Álvaro Cunqueiro, está situada fronte ó Palacio Episcopal. Foi mandada construír por Diego de Soto no ano 1548, tal como se pode ler na praca do seu frontis. Para acceder á fonte é necesario baixar por unha escalinata de pedra. No seu frontal pódense observar os escudos do bispo promotor e as armas imperiais de Carlos V nun fermoso remate. As augas que saen da fonte proveñen de diversos mananciais encanados baixo as pedras de cantería da parte posterior do edificio. O famoso escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro escribiu: "Si viniera a las San Lucas un perfumista de París yo le llevaría a la Fuente Vieja, para que aspirase lentamente el aroma a heno de hierba recién cortada, y partiendo de él inventase un perfume de otoño..."
|