Advertisement El Portal de Mondoñedo en Facebook Síguenos en Twitter Vídeos de Mondoñedo en YouTube Titulares RSS e-mail gratis
Mondoņedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoņedo en cifras
Con voz propia
Mindonienses no mundo
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ķ pasado
Fondos de pantalla
Multimedia
Mondoņedo FM
Mondoņedo TV
Actualidade
Noticias
Cultura
Reportaxes
Deportes
Mondoņedo F.C.
Liga de Fútbol Sala
Calendario
MondoņedoTV
Idioma
Página en Espaņol
Páxina en Galego
Servicios
Mapa da emigraciķn
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Buscador
En liņa...
Hai 10 visitantes en liņa
Contador
2613947 Visitantes
 
Crecemento da natalidade en Mondoņedo
15 / 04 / 2007
Índice de natalidadPor todos é sabido que a nosa cidade perde habitantes cada ano, este fenómeno vense repetindo dende principios do século pasado e parece que por fin pode comezar a remitir.
Nos últimos anos, o aumento da natalidade e a crecente chegada de inmigrantes á nosa cidade auguran, cando menos, unha estabilización da situación.
Ofrecémosche unha completa reportaxe sobre este tema que poderás visualizar entrando en ler máis.



DESCENSO DA POBOACIÓN
Podemos remontarnos a mediados do século XIX. A desaparición das industrias e o apego polas estructuras agrarias fan que Mondoñedo entre nunha certa decadencia. En 1825, Mondoñedo suma ós seus títulos de "muy noble y leal" o de "fiel ciudad" a cambio da titularidade provincial, o que desembocaría na perda de competencias administrativas, decadencia económica e no inicio do descenso da población.
Ó longo do século XX a situación non mellora. Empezamos o século pasado con algo máis de 10500 habitantes e nada máis iniciar a década dos anos 30 a poboación xa descendera nunhas 2000 persoas. Esta tendencia, desgraciadamente, segue con nós ata a actualidade.

DESCENSO DA POBOACIÓN (Habitantes por ano)
Descenso de la población


INCREMENTO DA NATALIDADE
Os datos da última revisión do censo, datados do ano 2006, deixan á nosa cidade con 4770 habitantes. A cifra é preocupante, pero estuadiando con detalle outros indicadores demográficos importantes podemos abrir unha porta á esperanza.
O índice de natalidad designa o número proporcional de nacementos nunha determinada poboación e nun determinado ano. En Mondoñedo, actualmente, o índice de natalidade vai en aumento. Se ata finales do século XX o índice descendía co paso dos anos, a partir de 2001 comezou unha importante tendencia ascendente. Chegouse, nun único lustro, a case duplicar os valores de natalidade obtidos no ano 2000.

ÍNDICE DE NATALIDADE
Incremento de la natalidad

A creación da gardería municipal por parte do goberno local de Luis Rego, as políticas de apoio á familia e o incremento, nos últimos anos, do presuposto do Concello destinado ós servizos sociais, coinciden con esta importante recuperación do índice de natalidade no noso municipio.
Outro parámetro demográfico que en Mondoñedo medra parello á natalidade é o índice de fecundidade xeral. Éste establece unha relación entre a cantidade de mulleres en idade fértil e o número de nacementos que se producen nun ano. No ano 2000 o índice de fecundidade xeral descendía ata 18,2. É dicir, que por cada 1000 mulleres mindonienses en idade fértil naceron soamente 18 nenos. Na actualidade, este índice é ben diferente xa que roza os 30 nacementos por cada 1000 mulleres fértiles.


CHEGADA DE INMIGRANTES
Outro factor importante á hora de falar de tendencias demográficas é a inmigración. Nos últimos años creceu considerablemente o número de personas chegadas ó noso municipio dende fora de España. Os inmigrantes, en boa parte africanos e americanos, veñen a trabajar maioritariamente no sector da construcción. Un sector que experimentou un importante crecemento coa chegada das políticas de rehabilitación e de facilitación de acceso á vivenda.
Se no ano 1996 só residían 11 estranxeiros en Mondoñedo, situación que se mantivo ata 1999, os datos do último censo confirman un considerable incremento. En 2006 xa había 136 estranxeiros na nosa cidade, dos que 36 chegaran de África e 55 de América


MIRANDO CARA O FUTURO
Se segue o incremento do índice de natalidade é moi probable que en poucos anos empece a frearse o descenso da poboación. Aínda que en Mondoñedo, ó igual que en calquera cidade dun país desenrolado, o número de fillos por muller ronda o 1,3 (o ideal sería 2 para garantir o relevo xeracional) a chegada de inmigrantes compensará esta cifra e axudará ó rexuvenecemento da poboación e a que Mondoñedo non se convirta nun pobo pantasma.
Todo elo, combinando unha boa xestión no goberno local e o apoio das administracións rexional e nacional permitiranos ver o fin da decadencia.


NOTA: Para realizar esta reportaxe consultáronse fontes do INE (Instituto Nacional de Estadística)
 
 
Síguenos en directo en

Novidades na web


 
© 2010 Mondoņedo en www.mondonedo.net - El Portal de Mondoņedo