El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22784017 visitas
 
Catedral
Catedral de MondoñedoA catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional no ano 1902, foi consagrada en tempos do Bispo Don Martín, polo ano 1246.
A súa construcción remóntase a 1219 e as obras duraron polo menos o resto do século XIII e todo o seguinte.

A catedral de Mondoñedo posúe diferentes estilos arquitectónicos, se ben, nun principio comezouse seguindo os cánones románico, tal como se pode comprobar na porta principal e no ábside maior; debido a seguintes ampliacións a catedral adquiriu decoracións barrocas. Son exemplos desas ampliacións: a acontecida no século XVI para a construcción da xirola, ou a levada a cabo no século XVIII cando remodelaron a fachada e edificaron as dúas torres.

Con Diego de Soto a fachada volve a sufir reformar, ó producírense obras na praza.
Nestas obras intentábase deixa-la praza á mesma altura có templo, y para iso tiveronse que suprimir-las antigas escadas e prolongáronse as columnas.
O rosetón da fachada acada o diámetro actual de cinco metros durante o pontificado de Diego de Soto, un rosetón no que as vidreiras policromadas fan un efecto espectacular que só podemos contemplar dende o interior do templo.

O estilo barroco da Catedral tamén está presente na portada e no frontispicio situado na parte alta da fachada, no que aparece unha imaxe da Virxe da Asunción, e un pouco máis arriba unha estatua de San Rosendo.
O aspecto actual da catedral, a que recibe o nome de "catedral axeonllada" debido ás súas perfectas proporcións e á pouca altura,  acadouse ó rematar as obras levadas a cabo durante o pontificado de Muñoz y Salcedo.

Retablo Mayor de la CatedralRosetónO retablo da Capela Maior da Catedral, de estilo rococó e exquisitamente decorado polo arquitecto Francisco Terán, está compostos de dous corpos.
No primeiro corpo do retablo, o tema principal é a Asunción da Virxe, e no segundo corpo está a imaxe do misterio da Santísima Trinidade.

Os órganos da catedral son da Idade Media, aínda que, debido ó  lamentable estado de conservación no que se atopaban, foron reconstruídos en tempos de Diego de Soto. Os instrumentos dos órganos débense a Muñoz y Salcedo.

As pinturas situadas debaixo dos órganos na nave central son de estilo gótico, cabe salientar entre elas a pertencente á escena da Degolación dos Inocentes. Sobre a bóveda do cruceiro aparecen pinturas con esceas do Antigo Testamento, estas son obra do maestro Terán.
As pinturas da catedral configuran unha das coleccións máis importantes de pintura mural presente en Galicia.
Non é de menor importancia a sillería do coro, que está formada por elementos de arte gótica, e que está tallada en madeira de nogueira. Esta sillería aparece dividida e situada en parte do brazo esquerdo do cruceiro.

Pinturas de la CatedralConfigurando a xirola, aparecen as distintas capelas, entre ellas, pódense salientar: a do santísimo Sacramento, lugar da Virxen Inglesa; a capela de San Francisco de Asís; a da Concepción; a capela do Cristo da Boa Morte, que conta cun retablo neoclásico; ou a capela do Ecce Homo

SacristíaPor último, hai que salientar a Sacristía, de finais do século XVI, ou o Claustro, unha obra reconstruída por Diego Ibáñez Pacheco, de pranta cadrada e rodeada de arcos de medio punto con columnas dóricas.
No interior da catedral pódese visitar un museo de arte sacro. Este museo, dividido en tres fases, está situado sobre as naves laterais do templo e é un dos mellores de toda Galicia nestas temática, debido a que posúe unha gran variedade de pezas de importante valor.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net