El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22788083 visitas
 
El pregón de Ramón Loureiro
29 / 04 / 2007 > Cultura Compartir en Facebook Compartir en Twitter
El escritor y periodista D. Ramón Loureiro fue el encargado de pronunciar el pregón de apertura de As Quendas 2007.
La transcripción completa de dicho pregón la puedes ver entrando en leer más. Nuestro agradecimiento a Ramón Loureiro por hacernos llegar el pregón al correo de la página.


Sombra que camiña por Mondoñedo

Ilustrísimas autoridades, señoras e señores, amigos todos, boas tardes e mil veces mil grazas pola honra que me conceden; por ser hoxe o pregoeiro das Festas das Quendas e por permitirme estar aquí, na súa compaña. 

Xa dou por suposto que boa parte dos que nos están escoitando ignoran quen son, e non me estraña nada. Así que déixenme que lles explique, brevisimamente, que eu só son unha sombra que pasea por Mondoñedo, un namorado desta Terra Prometida na que conviven, coma na literatura, os soños e a realidade.

Deste lugar que non só polos seus bens materiais, por tanto extraordinario monumento como garda, senón sobre todo polos que son inmateriais (a lingua, a poesía, as crenzas, os ritos herdados de antano...) debería ser declarado, a un tempo, Patrimonio Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade.

A miúdo, cando no día a día chegan as horas difíciles, cousa que sucede con máis frecuencia da desexable, eu, buscando refuxio, veño ata aquí: ata esta máxica Cidade da Mitra, aínda que só sexa por poder sentir cerca as súas pedras e respirar o seu aire. E fágoo polo xeral de noite, cando as rúas están baleiras; e por suposto, sen dicirllo a ninguén, para non molestar á moita xente querida que aquí teño; por non abusar da súa permanente hospitalidade. 

Así que se un día, de madrugada, se asoman vostedes á ventá e ven pasar, entre a néboa, un ánima solitaria, non se alarmen. Nin se trata –de momento- dun ser doutro mundo, nin tampouco dun asaltante, era o que falta. Só dun aprendiz de espectro, un pouco maior xa, que vai caminando –como pode- pola escuridade...

Moitas das máis fermosas cousas que aconteceron na miña vida sucederon aquí, en Mondoñedo. Onde se aparece Merlín e onde as campás levan recados á eternidade. E a miña literatura, en calquera caso moi modesta, sen Mondoñedo e sen o que esta cidade representa, non sería nada. 

Aquí, creo que xa llelo dicía antes, conviven coma en ningún outro lugar do mundo a ficción, que fai a vida máis grande, e o tanxible, iso que de costume chamamos o real.

E hai que apuntar que é ben certo, absolutamente incuestionable, que igual que a Cidade da Mitra, tan dada aos prodixios, é riquísima en contos, tamén o é en realidades, entre as que non só están o pan, o latín e a auga.

(Xa dicía o noso señor Cunqueiro, sen irmos máis lonxe, permítanme o exemplo, que a empanada de raxo de Mondoñedo é unha realidade incontestable)

Eu vivo, de feito, firmemente convencido de que a elaboración da empanada, en xeral, é unha das belas artes. E non entendo a razón pola que non está máis considerada...

Permítanme dicirlles que entendo bastante de empanadas. Pódenmo crer. Eu crieime cos meus padriños, que facían pan nun forno de leña e, nese mesmo forno de leña, empanadas ás que decoraban con todo tipo de debuxos, xeométricos ou non, e con figuras de paxaros. Meu padriño Ramón, que tiña un cabalo rubio coas crinas trenzadas que coñecía todos cantos camiños existen, sempre quería ensinarme a facer eses paxariños de masa de pan e aceite. Pasou o tempo, e non aprendín. E hoxe laméntoo tanto...!

(Desculpen a emoción)

Pero non quero aburrilos, nin deixarme levar pola nostalxia. Especialmente cando hoxe, coincidindo esta edición das Quendas coa celebración do Once Centenario de San Rosendo, vexo aquí renacer de novo as tradicións, que é en máis dun sentido coma dicir a alma, desta vella diocese dos últimos bretóns: da Galicia do Norte cristianizada polos navegantes de Bretaña que, co bispo Mailoc á fronte deles, chegaron polo mar de Ferrol e viñeron despois, camiñando, cara a onde hoxe estamos.

Esta Galicia do Norte é hoxe un tesouro que revive, a pesar de todas as dificultades. E non quero deixar pasar a ocasión de reiterar que iso é grazas a vostedes. Aos mindonienses. E tamén aos ferroláns, que a vostedes lles teñen tanto afecto. 

Vaia a miña homenaxe para cantos fixeron posible, tamén no civil, unha irmandade que no relixioso xa viña de antes: de cando o Papa Xoán XXIII decidiu que a Cidade da Mitra e a Cidade das Luces compartisen a capitalidade diocesá. 

A historia xulgará esa irmandade no que realmente vale. E renderá tributo, non me cabe dúbida ningunha, aos que o consolidaron. É dicir, se me admiten a confianza, aos que o consolidastes. 

Foi para min un privilexio, durante todos estes anos, ver cómo esta Última Bretaña nosa, que ten en Mondoñedo o seu corazón, recuperaba un esplendor que moitos nin se atrevían a imaxinar. E non só velo, senón tamén poder contalo.

(Quizais iso, contalo, sexa un destino. Outra forma de eternidade)

Non podo deixar de citar, neste momento, na hora das gratitudes, á corporación mindoniense, que encabezada polo seu alcalde

–polo meu amigo- Luís Rego, traballou de maneira decidida para facer posible que a Galicia do Norte, a Gallaecia Mindoniense, sexa hoxe non só unha terra de memoria, senón un camiño aberto ao futuro. Nin tampouco, naturalmente, ao Concello de Ferrol, hoxe aquí representado por outro verdadeiro entusiasta da amizade entre os nosos pobos, o seu concelleiro de Cultura, e gran amigo tamén, José Manuel Couce Fraguela.

E quero mencionar, ademais, con especialísimo afecto, ademais do mundo cultural de ambas as dúas cidades, á cúpula diocesá, encabezada polo noso bispo, e o cabido catedralicio. Sen todos eles, sen todos vós, nada disto sería posible.

Tampouco podo esquecer, por certo, aos que hoxe non están aquí físicamente, aínda que ese sería, ben llelo aseguro, o seu desexo. Falo de César Antonio Molina, actual director do Instituto Cervantes, que esta mesma mañá doaba a Galicia a súa biblioteca persoal, de máis de 50.000 volumes. De Ramón Pernas, que onte mesmo me pedía que vos transmita o seu cariño e a súa permanente devoción por Mondoñedo. De Assumpta Roura, que quere vir vivir aquí, e está entusiasmada coa idea. De Carlos Casares. De Antonio Tabucchi, que no vintecinco cabodano do morte de Cunqueiro me enviou as palabras ás que din lectura diante da tumba de don Álvaro, nas que el dicía que o autor de <Merlín e familia>, que por riba de calquera outra cousa foi un poeta, sentiu a dor de todos, a dor do mundo...

E falo, por suposto –vaia para ela a miña lembranza máis afectuosa- da nosa Carmiña, de Carmiña Cunqueiro, que aínda que puidese parecer que está moi lonxe, o certo é que está moi cerca, aquí con nós, neste momento...

E nada máis podo dicir aquí...! 

Estou moi conmovido, así que acabo. Só subliñar cánto lles agradezo a pacencia de escoitarme, e lembrarlles que os quero moito a todos.

Boas tardes, boa sorte.

Que vivan as Quendas... 

E QUE VIVA, PARA SEMPRE, MONDOÑEDO
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net