 O convento de San Martiño de Vilalourente, hoxe en día en estado ruinoso, está situado fora da cidade, na ladeira do monte. É dubidoso o ano de construcción do convento, pero hai documentos que apuntan ó 1348. Nun principio os Franciscanos eran os moradores deste convento, que máis tarde sirveu de hospedaxe para a atención dos peregrinos. O edificio sufreu moitas remodelación, como por exemplo a do século XVIII na que se volveu a construír o campanario, dándolle máis altura. Tamén derribaron a anterior igrexa, pero o bispo Muñoz y Salcedo foi o encargado de pagar as obras de construcción da nova, así como o seu retablo maior.
|