El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Hai 3 visitantes en liña
Contador
21455470 visitas
 
Historia
Pena do Unto Debemos comenzar narrando a historia de Mondoñedo na Idade de Bronce, época da que se conservan dólmenes, petroglifos, ou incluso, a Pena do Unto, antigo altar de sacrificios humanos situado no Couto da Recadieira.

Mondoñedo posúe unha importante cultura castrexa, xa que son moitos os restos de castros que aparecen espallados por todo o municipio.
Son exemplos de castros mindonienses o dos Castelos de Viloalle, ou o de Santa María Maior, entre moitos outros.
Castro de ZoñánConsérvanse en Mondoñedo restos de calzadas romanas, así como bronces de Marco Aurelio e de Adriano, o que deixa moi clara a presencia dos romanos na nosa cidade. Nesta época, o núcleo de poboación debeuse atopar no actual barrio dos Castros, o que máis tarde despregaríase por terras máis baixas.

Outro feito importante será a orixe da diócese que, case con toda seguridade, prodúcese no século V coa chegada dun grupo de bretóns que funda a diócese britoniense.
A época de máis esplendor de Mondoñedo comeza no ano 1117, cando se instala en Vilamaior a sede da diócese. Tamén colabora neste esplendor Afonso VII, quen no ano 1156 eleva o municipio á categoría de cidade.
En 1182, Fernando II decide trasladar a diócese a Ribadeo, pero esta volve de novo para Mondoñedo en torno a 1230, época na que comenzaron as obras de construcción da catedral.

Polo ano 1320 levántase unha muralla para pechar a cidade, esta muralla cos seus 850 metros de perímetro evitaba a entrada das pentes e protexía o diñeiro da cidade. Mondoñedo non tardaría moito en medrar fora da muralla, pero este crecemento foise freando a comezos do século XV, século de Pardo de Cela no que a cidade vivirá un periodo moi axitado.

No século XVI, Mondoñedo volve experimentar un importante crecemento, que fai medrar a cidade case un 150 por cento. Este feito coincidirá coa formalización das Juntas de Reino e a conseguinte constitución de Mondoñedo como capital de provincial.
Será no século XVIII cando Mondoñedo despregue a súa máis intensa actividade urbanística, por aquel entonces edificáronse os conventos da Alcántara e o da Concepción, o actual edificio do Hospital, ou o Palacio Episcopal de Masma.

A desparición de das industrias e o apego polas estructuras agrarias no século XIX, fan que Mondoñedo entre nunha certa decadencia.
No ano 1825 a cidade suma ós seus títulos de "muy noble y leal" o de "fiel ciudad" a cambio da titularidade provincial, o que desembocaría nunha perda de competencias administrativas e unha decadencia económica.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net