|
Te ofrecemos íntregramente el discurso de investidura pronunciado por el nuevo Alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz. Para ver el discurso entra en leer más.
DISCURSO DE INVESTIDURA
Bos días veciños e veciñas, quero comezar este pequeno discurso agradecendo a vosa presenza hoxe aquí, neste acto de toma de posesión.
Tamén quero agradecer a confianza depositada en min ós concelleiros que me votaron, e os que votaron outra opción. porque todas as opcións son válidas e democráticas, e este acto é un exercicio de democracia.
Aproveito para recordarlle ós/as concelleiros/as que fomos electos que o traballo nos que espera vai ser abondo e intenso, pero desexo que o noso esforzo sirva para facer de Mondoñedo un sitio agradable e acolledor para nós e os que nos veñan a visitar.
Quero dicirlle ó público aquí presente que o BNG e o PSOE chegamos a un acordo para facer un goberno transparente e estable en Mondoñedo. acordo este sustentado nun programa común, baseado nos programas de ambas forzas políticas e un organigrama de goberno divido en áreas.
Seremos un goberno aberto os cidadáns, gobernaremos para todas e todos, fose cal fose a opción política que votaron. á hora de gobernar e facer cousas, non miraremos o color político, todos somos cidadáns de Mondoñedo, e isto é o único que nos importa.
Non nos esquecermos nin das parroquias nin do casco.
As parroquias iremos periodicamente a reunirnos cos veciños para recoller as súas opinións, sobre necesidades e prioridades.
Teremos un diálogo, espero, que fluído cos outros grupos políticos. dialogaremos cos distintos colectivos e asociacións de este concello para saber as súas inquedanzas e proxectos, e tratar de levalos adiante en conxunto.
Reunirémonos cos traballadores para invitalos a subirse ó mesmo barco e remar todos xuntos.
Seremos esixentes, como seremos con nós mesmos, pero dialogastes e tolerantes.
Trataremos de cumprir co noso programa de goberno. sabemos que catro anos son poucos para levar a cabo todo o que nos propuxemos, pero trataremos de facelo posible.
Aproveito para convidarvos a asistir ás celebracións dos plenos para que vos enteiredes directamente de cómo funciona este concello, e coñecer de 1ª man as cousas que se fan, xa sexan ben ou mal feitas, sen esperar que volo conten. isto tamén é un exercicio de democracia.
A min persoalmente gustaríame que o salón durante os plenos tivera esta concorrencia.
E con respecto a isto quero dicirvos que esta enorme concorrencia demostra as expectativas e ilusións que a poboación ten depositada en nós.
E isto é un motivo máis para tratar de facelo o mellor posible, intentarémolo e esperamos non defraudarvos.
Faremos un goberno con pensamento galeguista e sentir mindoniense.
Pra rematar debo confesar que me enche de orgullo e honra ser o alcalde de Mondoñedo, pero quero deixarvos presente que seguirei sendo orlando, o médico, fillo de laura e orlando, o ferreiro de san lázaro, é dicir un mindoniense máis.
Nada máis, moitas grazas e a traballar. |