El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22781815 visitas
 
Barrio de Os Muíños
Barrio de Os MuíñosEsta fermosa paraxe da cidade é o barrio dos Muíños. Ó chegar a el, o río Valiñadares bifúrcase en varias canles artificiais, que nalgún tempo, tiñan a función de alimentar os muíños que lle dan nome ó lugar. De todos estes, algúns consérvanse na actualidade, pero ningún deles está en funcionamento.

Esta paisaxe de canles e regatos fai que entre os mindoniense esta zona reciba o nome de "Venecia" de Mondoñedo.
Nun rincón do barrio está situada a fonte dos Pelamios, que dende fai algúns anos sostén un monumento a Díaz Jácome (poeta e periodista mindoniense).
A auga que sae polos catro canos da fonte dos Pelamios é totalmente potable e posúe a virtude de saír fresca nos meses de verán e morna nos meses de inverno. O nome da fonte ven da existencia nalgún tempo dunha serie de establecementos curtidores de peles que funcionaban no lugar.

A ponte romana do Pasatempo, que aparece na entrada ó barrio dende O Couto de Otero, recibe este nome debido á historia que conta que a muller do Mariscal Pardo de Cela, en posesión do indulto dos Reis para salva-la vida do seu esposo, foi entretida alí polos canónigo, e mentres tanto na Praza da Catedral tiña lugar o axustizamento do Mariscal.

No barrio dos Muíños atópase a capela de Santiago, edificada a mediados do século XVII e que garda imaxes curiosas no dseu retablo, como por exemplo a do Apóstolo Santiago montando a cabalo.

Todo o que se achegue ata o barrio dos Muíños non pode deixar de visitar dos seus lugares máis pintorescos, onde un grupo de casas pegadas ó río configuran un entramado de pontes e pasadizos sobre as canles do Valiñadares.

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net