El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22772466 visitas
 
Convento da Concepción
Convento de la ConcepciónO Mosteiro da Concepción, coñecido nun principio como Convento de la Encarnación Francisca de Coto de Otero, foi fundado o 8 de decembro de 1656.
Uns anos antes, Dona María Pardo de Andrade, fundadora do convento e viuva do Licenciado e Oedor da Real Audiencia de Galicia, Don Agustin Quejada, estaba enferma cando otorgou testamento pechado a fe de Francisca Díaz Durán, o 25 de outubro de 1639. Un testamento que non sería aberto ata o 8 de novembro de aquel ano e no que a Señora Pardo de Andrade ordenaba que se levantara o convento, do que nomeou patróns ó Capitán Pedro Fernández de Vaamonde e á súa esposa, María Pardo Castro e Pimentel.
O 23 de agosto de 1714 o Papa Clemente XI expediu unha Bula aprobando a construcción do convento que, nun principio, estaría dotado para 30 relixiosas.
A casa e horta sobre a que se edificou o convento estaba situada xunto a unha das portas da muralla de Mondoñedo, concretamente, a Porta Batitales. Esta foi derrubada ó igual que o resto das portas da muralla e, actualmente, non se conservan restos de ningunha delas que nos poidan dar unha idea de como eran.

CONXUNTO ARTÍSTICO E CULTURAL
O convento posúe un importante conxunto artístico e obras de interese cultural.
A portada ábrese no muro dereito e consta de dúas pilastras de media caña, tipo dórico, sostendo unha cornixa e frontón circular acabado en bolas. Sobre a cornixa atópase unha imaxe da Inmaculada. Enriba do conxunto aparece o escudo do Bispo Muñoz e Salcedo, o da orde de San Francisco e o do patrón do Convento. Xunto a este último sitúase unha inscripción co texto: "Estas armas son del fundador del convento".
A cúpula do convento aparece ó exterior dando o seu encanto a esta parte da cidade.
O campanario é unha torre barroca sinxela con dous corpos coronados por unha cúpula pequena e bolas de pedra e remate de cruz de ferro.
O retábulo da igrexa configura un fermosísimo conxunto barroco, unha réplica do Convento dos Picos. Sobre o expositor aparece un relieve da Anunciación da Virxe coas figuras do Pai Eterno e do Espíritu Santo na parte superior. Este relieve é a imaxe do titular do templo, a Encarnación.
Interior del templo
No muro dereito do templo aparece un retábulo barroco xaspeado e dourado. No muro esquerdo hai un retábulo barroco de boa talla sobre tonalidades brancas con dous corpos, catro columnas salomónicas e unha hornacina cunha Inmaculada de vestir do século XIX. O segundo corpo posúe o escudo dourado do Bispo Muñoz e Salcedo, prelado que costeou o retábulo, rodeado de ánxeles.
Tamén no muro esquerdo do templo, cercano á rexa, hai un retábulo barroco xaspeado a dous corpos, cun relieve estofado de Santo domingo de Guzmán e ós lados dúas tallas de Santa Bárbara e San Benito de Palermo. Este retábulo leva un escudo de Don Antonio Moscoso, quén o fixo construír.
O edificio posúe dous arcosolios sepulcrais, á dereita o do Bispo Muñoz e Salcedo e á esquerda o dos patróns do convento.
Hai outras obras de interese artístico e cultural como: un lenzo da Virxe do século XVII situado na portería, unha imaxe de San Xosé do século XIX sacada en procesión pola Sociedade de Obreiros Católicos ou unha Piedade do século XVIII.

ACONTECEMENTOS HISTÓRICOS
O convento viviu numerosos acontecementos históricos. O 2 de xuño de 1349, o Rei Fernando IV, o Emprazado, concedera ós Prelados de Mondoñedo o Señorío Temporal da Cidade. Para elo, debían de xurar cumprir os fueros e privilexios nunha ceremonia solemne ante o pobo e os rexidores o mesmo día da entrada dos Bispos na Cidade. Os Prelados buscaron diferentes lugares para facer esta Xura, uns xunto ó Santiario dos Remedios, algúns na Capela de San Roque e outros fronte á Porta Batitales. Anos máis tarde, derrubada xa esta porta, os Prelados facían a Xura fronte ó convento, foi o caso de: Riomol e Quiroga (1753), Losada e Quiroga (1762) e Aguilar e Caamaño (1798).
O convento tamén celebrou a beatificación e canonización da Nai Santa Beatriz.

Podes ver máis fotos do convento na nosa galería. Entra aquí.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net