 No barrio de San Lázaro, situado ás aforas da cidade, atópase a capela do mesmo nome. Nesta o retablo é de estilo barroco e posue unha escea da resurrección de Lázaro. Nas cercanías da capela, a instancias de Sarmiento, Fray Lorenzo de Santa Teresa construiu unha ponte que ten dous arcos e pedras de armas. Por este discurre o Camiño de Santiago. A que fora, no século XVIII, Real Fábrica de Lenzos, estivo tamén situada neste barrio, así como a antiga malataría. O barrio de San Lázaro é tamén importante pola súa actividade industrial, neste lugar é donde se asentan boa parte das fábricas de transformación madereira de Mondoñedo. 
|