
Na entrada á cidade está a Alameda dos Remedios, que ten a peculiaridade de ser unha das máis antigas de España.
Este fermoso lugar está ós pes do coñecido Santiario dos Remedios, fogar da patroa da cidade.
A alameda é o marco ideal para as feiras e festas máis importantes de Mondoñedo, como por exemplo: As San Lucas, As Quendas, ou as propias dos Remedios. Festas nas que a Alameda énchese de multitude de mindoniense entre os postos dos feirantes e as pulperías, onde ninguén remata as festas sen ter disfrutado dun polvo preparado ó estilo feira.
Dende a Alameda dos Remedios hai unha vista fermosísima sobre o val do río Cesuras, e ó alto sobre o Mosteiro dos Picos.
O quiosco situado nun dos laterais da Alameda dos Remedios foi, nalgún tempo, un fermosos escenario para a banda municipal.
Ó fondo do Campo dos Remedios, levántase o Hospital de San Pablo, que foi construído en tempos do Bispo Sarmiento, e que nun principio contaba con dezaseis camas e un albergue para peregrinos. Ó lado do Hospital de San Pablo atópase o centro de saúde (P.A.C) e o asilo.