Segue a polémica polos abonos do R.C. Deportivo de A Coruña |
22 / 08 / 2007
> Actualidade
|
|
O pasado domingo, iniciouse a polémica coa publicación na prensa dunha noticia na que o goberno bipartito expresaba a súa sorpresa pola recepción dunha carta do Deportivo da Coruña. Nesta misiva sinalábase: "al igual que en años anteriores adjuntamos los carnets anuales correspondientes a la actual temporada 2007/2008...", por un importe de 1.515 Euros. Ademáis, o Concello confirmou que non pagará estos abonos. Luis Rego e José Otero Rejes, anteriores Alcalde e Concelleiro de Deportes respectivamente, explican que estos abonos pertencen a un convenio con dito clube para que 50 ninos das Escolas Deportivas municipais e 2 monitores poidan acudir gratuitamente a partidos de Primeira División en Riazor, así como, a visita de membros importantes do clube ás escolas deportivas. Todos lembramos as visitas á nosa cidade de persoeiros coma Arsenio Iglesias, Irureta e Ballesta. Do mesmo xeito, manifestan que non entenden a sorpresa do bipartito xa que as facturas dos abonos, así como as dos desprazamentos en autobús dos alumnos das escolas (que non mencionan nas súas declaracións), foron aprobadas con cargo ó presuposto de Deportes en comisión de gobierno e, polo tanto, notificadas a tódolos grupos políticos que integraban a corporación municipal. Ó non pagar estos abonos, os alumnos das escolas deportivas non poderán ver o fútbol en Riazor.
|