
A Praza da Catedral é o punto de Mondoñedo con máis historia. Foi o escenario de acontecementos tan relevantes como a execución do mariscal Pardo de Cela.
O aspecto da praza sufriu moitos cambios dende a súas orixes, cambios que o visitante desta páxina pode comtemplar na sección de Viaxe ó Pasado.
O conxunto de casas con soportais que forman o cantón da praza da catedral, fan desta unha das paraxes máis pintorescas de toda a cidade.
Ó fondo da praza, e a continuación da Catedral, está o Palacio Episcopal, construído en tempos do bispo Riomol y Quiroga.
Na parte alta da praza está o antigo Consistorio, construído no ano 1578, que actualmente alberga a oficiña de turismo, a biblioteca municipal e unha sala de exposicións.
Á esquerda do antigo Consistorio, mirando cara a catedral, está a estatua de Álvaro Cunqueiro, construída para as Letras Galegas de 1991. Tamén neste lugar atopamos un monolito que recorda a execución do Mariscal Pardo de Cela.