
A Cova do Rei Cintolo, a máis grande de Galicia, con máis de 7500 metros de lonxitude, está situada en Supena (Argomoso).
No seu interior atopámonos cunha fantastica paisaxe de salas e galerías, e incluso, un pequeno lago interior e ríos subterraneos.
A Cova está distribuída en tras galerías que amosan interesantes formacións xeolóxicas creadas pola auga nun enorme macizo de roca caliza.
A principios de 2006, o Concello de Mondoñedo poxo en marcha un programa de visitas guiadas, poñendo fin a unha situación de peche que xa parecía definitiva.
A cavidade é obxecto de distintas lendas como, por exemplo, a que lle da nome á cova. Esta lenda conta que o Rei Cintolo, dono e señor do Val de Brea, tiña unha fermosa filla chamada Xila, que estaba namorada du conde. Pero un bruxo estaba celeso dese amor e sepultou o reino de Cintolo no interior da terra. Segundo a lenda, a fermosa princesa aínda espera que un cabaleiro valente a volva á vida.