El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22790964 visitas
 
TDT en Mondoñedo: Preguntas e respostas
12 / 09 / 2007 > Reportaxes Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Antenas emisoras en O PadorneloA Televisión Dixital Terrestre vai chegando pouco a pouco ó noso municipio. Fai 7 anos que está funcionando esta tecnoloxía en España, pero diversos factores, como a orografía do val e o escaso número de habitantes de Mondoñedo, fixeron que a TDT tardara tanto en chegar.
Nesta reportaxe de preguntas e respostas ofrecémosche unhas nocións básicas sobre a TDT: a cobertura, as canles dispoñibles e todo o necesario para desfrutar desta tecnoloxía.
Podes ver a reportaxe entrando en ler máis.


¿Qué é a Televisión Dixital Terrestre?
Dende o inicio das emisións de televisión empregáronse sinais analóxicas a través do aire para a transmisión dos programas. O aire non é un medio óptimo para a radiodifusión xa que é fácil que aparezan interferencias entre centros emisores achegados e, se vivimos a unha gran distancia dun repetidor de televisión ou recibimos o sinal de rebote, a imaxe chegaranos seriamente atenuada, con efecto neve, imaxes dobres ou molestas raias.
TDTA Televisión Digital Terrestre (TDT) emprega emisións dixitais para a transmisión de canles de televisión. A súa principal característica a nivel técnico é que presenta unha maior inmunidade ás interferencias, ofrecendo gran calidade de imaxe e de son incluso en situacións onde as sinais analóxicas daban un mal resultado.
Se o sinal que chega ó noso fogar é pouco pero suficiente acadaremos a mesma calidade de imaxe que nos fogares situados en lugares de recepción óptima.


¿Qué se necesita para poder recibir a TDT?
A TDT emprega o mismo espectro radioeléctrico que as emisións tradicionais analóxicas. É dicir, non é necesario instalar antenas parabólicas nin contratar servizos de televisión por cable: a antena de UHF de toda a vida instalada no tellado é máis que suficiente.
Agora ben, se vivimos nunha comunidade de veciños, é probable que se necesite unha pequena adaptación na instalación. Nestas comunidades, debido ó gran número de vivendas servidas pola mesma antena, empréganse amplificadores monocanal (un por canle de TV) polo que, en ocasións, será necesario instalar amplificadores novos para desfrutar a nova oferta dixital.
ReceptorNo caso de Mondoñedo, é probable que moitas antenas comunitarias non precisen ningunha adaptación, xa que as canles dixitais dispoñibles emiten por canles pegadas ás tradicionais analóxicas co que serán amplificadas de igual xeito polos monocanais. Nas vivendas unifamiliares, por norma xeral, non será necesario adaptar a instalación.
Unha vez adaptada a instalación, débese adquirir un televisor dixital ou un receptor externo de TDT que será conectado ó noso televisor mediante un cable euroconector.


¿Cales son as principais ventaxas da TDT?
A televisión dixital ofrece unha calidade de imaxen e son comparable á dun DVD.
Ás emisións dixitais van comprimidas e ocupan menos espazo, permitindo que, en cada canle (multiplex) viaxen entre 4 e 5 canles de televisión, servizos interactivos e varias canles de audio. Coa TDT aumenta considerablemente o número de canles de tv.
A TDT permitiranos acceder á información meteorolóxica, bursátil, informarnos sobre loterías ou estar ó tanto de informacións de última hora mediante servizos interactivos que superan ó clásico teletexto. Ademáis, tamén teremos acceso á información adicional sobre o programa que estamos a ver, así como dos seguintes mediante a EPG (guía de programación electrónica).
Na TDT pódense levar a cabo emisións en formato panorámico 16:9, o mesmo que se emprega habitualmente nas salas de cine, para ofrecer unha imaxe máis ampla e que ofreza visións máis completas das esceas. Algunhas canles da TDT xa emiten en 16:9 e as demáis iranse pasando en breve a este novo formato, o que supón, co paso do tempo, o progresivo abandono do tradicional 4:3 dos televisores de pantalla cuadrada.


¿Cal é a oferta de canles da TDT?
Oferta de canalesA nivel nacional a TDT ofrece 21 canles de televisión, ás que hai que sumar entre 2 e 4 de ámbito autonómico e outras tantas de ámbito local nas grandes cidades.
A oferta de canles a nivel nacional é a seguinte: TVE1, TVE2, Canal 24h, Teledeporte, Clan TVE, Antena 3, Antena 3 Neox, Antena 3 Nova, Cuatro, Cnn+, 40 Latino, Tele5, Tele5 Estrellas, Tele5 Sport, Net TV, Fly Music, Veo TV, Sony Entertainment TV en Veo, Tienda en Veo, La Sexta e Hogar 10. En Galicia, a TVG emite dúas canles dixitais: TVG (a mesma programación que na tv analóxica) e TVG América.
En Mondoñedo recíbense 6 das 23 canles dispoñibles en Galicia. Actualmente pódense ver: La Sexta, Cuatro, Cnn+, 40 Latino, TVG e TVG América. As catro primeiras pola canle 45 de UHF e as dúas últimas pola canle 59. Hai que destacar que as canles da TVG emiten con menos potencia e algúns mindonienses teñen dificultades para recibilas no seu fogar.


¿Qué é o apagón analóxico?
Chámase apagón analóxico ó cese de difusión analóxica das canles de televisión que terá lugar, segundo o establecido no Plan Técnico Nacional vixente, o 3 de abril de 2010.
A partir dese momento, será necesario acceder á TDT para poder seguir sintonizando o sinal das canles nacionais, autonómicas e locais.


¿Cal é o futuro da TDT en Mondoñedo?
Moito antes do apagón analóxico (3 de abril de 2010) Mondoñedo desfrutará da oferta completa de canles da TDT.
As empresas encargadas da distribución do sinal de televisión terrestre irán instalando os repetidores necesarios ata acadar o 95% da poboación no caso dos operadores privados e o 98% no caso de TVE. Unha vez instalados os repetidores (no Padornelo no caso de Mondoñedo) os concellos deberán costear a instalación de microrepetidores para levar o sinal ás zonas de sombra como acontence coa televisión analóxica.
A día de hoxe, Mondoñedo dispón de cobertura de 6 canles de TDT, unha oferta que se irá aumentando nos próximos meses. Por outro lado, tamén chegarán á nosa cidade co paso do tempo as canles autonómicas da Voz de Galicia e da COPE e seguramente algunhas de ámbito local coma TeleLugo.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net