 O Salto do Coro, situado nos montes das Bouzas, ofrece ó visitante unha bonita paisaxe fluvial. Esta é moi apropiada para os días de verán de moito calor, xa que se pode aproveitar para darse un baño nas augas do río Valiñadares. Augas totalmente cristalinas e de frescura inigualable que fan as delicias de todos os que se achegan ata o Salto do Coro despois dunha longa camiñata. Esta pode ser dende Argomoso e logo baixando polas Sete Voltas, ou ben, dende Valiñadares e posteriormente ascendendo polas antigas pistas da canteira. Polo ascenso ata o Salto do Coro os regatos e saltos de auga configuran unha fermosa paisaxe que todo aquel que o visite nunca poderá esquecer.
|