Advertisement
Mondoņedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Persoeiros curiosos
Mondoņedo en cifras
Galeria de fotos
Fondos de pantalla
Actualidade
Novas e reportaxes
Cultura
Deportes
Mondoņedo F.C.
Liga de Fútbol Sala
Mondoņedo C.B.
Calendario
Idioma
Página en Espaņol
Páxina en Galego
Servicios
Actualidad
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Buscador
En liņa...
Hai 3 visitantes en liņa
Contador
1153572 Visitantes
 
Álvaro Cunqueiro
CunqueiroÁlvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. Estudiou bacharelato en Lugo, onde coñeceu a persoeiros como Ánxel Fole ou Luis Pimentel. Posteriormente continua os seus estudios en Santiago de Compostela onde aprendeu filosofía e letras.
Xa de novo dedicouse ó xornalismo e á literatura.
Pese a estar relacionado co Partido Galeguista, apoiou ós sublevados durante o alzamento militar.
Exerceu de mestre en Ortigueira e ó rematar a guerra dedicouse ó xornalismo, en xornais como o ABC ou La Voz de España, destacando o seu traballo no Faro de Vigo, onde chegou incluso a ser director.
Ó longo da súa vida gañou diferentes premios e foi nomeado Doctor Honoris Causa pola Universidade de Compostela. Pertenceu á Real Academia Galega. Morreu en Vigo no ano 1981.
A súa obra toca tódolos xéneros, dende narración ata libros de cociña, pasando pola poesía e o drama.
Cunqueiro renovou a literatura galega coa súa mestría lingüística e a súa espectacular fantasía.
Son obras de Cunqueiro: Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Os outros feirantes, Don Hamlet, Herba aquí e acolá, Si o vello Sinbad volvese ás illas, Escola de menciñeiros.
CunqueiroEstas obras fan de Cunqueiro unha das figuras máis importantes da historia da literatura galega que, ademáis conta con moitas traduccións a outras linguas.
O día 17 de maio de 1991 celebráronse as Letras Galegas na súa honra, e dende entón, pódese observar na Praza da Catedral, a estatua en bronce do escritor, realizada polo artista Juan Puchades.
 

 
© 2009 Mondoņedo en www.mondonedo.net - El Portal de Mondoņedo