Advertisement
Mondoņedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Persoeiros curiosos
Mondoņedo en cifras
Galeria de fotos
Fondos de pantalla
Actualidade
Novas e reportaxes
Cultura
Deportes
Mondoņedo F.C.
Liga de Fútbol Sala
Mondoņedo C.B.
Calendario
Idioma
Página en Espaņol
Páxina en Galego
Servicios
Actualidad
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Buscador
En liņa...
Hai 4 visitantes en liņa
Contador
1153705 Visitantes
 
Marechal Pardo de Cela
Pardo de CelaO Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribedeneyra, fillo dun dos máis nobres liñaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar, contraeu matrimonio con Dona Isabel de Castro, filla da Condesa Beatriz e Don Pedro de Osorio, esteblecendo lazos coas máis importantes liñaxes de Galicia.
Era unha época na que os casteláns e os galegos loitaban pola sucesión do poder político de Galicia. Por un lado, os galegos recoñecían como raiña a Juana La Beltraneja e por outro lado, os castelán defendían o reinado dos Reis Católicos, que procederon á anexión do Reino de Galicia. O Marechal Pero Pardo de Cela declarouse fiel ó Reino de Galicia e rebelouse contra a sumisión ós Reis Católicos. Prodúcese entón o envío dun novo exército formado polas tropas de Acuña e Chinchilla, dando comezo deste xeito a unha loita entre os galegos e os casteláns que durou polo menos uns 3 anos.
Pardo de Cela resistía na Provincia de Mondoñedo, mentras que levaban a cabo a "Doma y Castración del Reino de Galicia". O Marechal Acuña consegue sobornar a uns vasalos de Pardo de Cela, a cambio dunha gran recompensa e o perdón pola súa rebeldía. Estes vasalos abriron a porta do castelo mentras que o Marechal estaba ausente, e cando este regresou á Frouxeira foi sorprendido no salón do castelo, sendo posteriormente condeado a execución pública.
Pardo de CelaA muller de Pardo de Cela, nunha audiencia coa súa curmá a Raiña Isabel, consegue o indulo para os nobres galegos condeados a morte. De regreso a Mondoñedo, pouco antes da execución do Marechal, foi entretido na Ponte do Pasatempo polos secuaces do Bispo de Mondoñedo, Fadrique de Guzmán, que querían interceptar o indulto. Ó mesmo tempo, o Bispo ordeou apura-la execución.
Finalmente, o día 17 de nadal de 1483, foi executado na Praza da Catedral, fronte a unha multitude que agardaba impaciente o indulto.
Conta a lenda que a cabeza do Marechal foi rodando ata a porta da Catedral mentres berraba: "Credo, credo, credo".
Outra versión da lenda, di que as palabras que berraba a cabeza do Marechal: "Clero, clero, clero" protestando contra a inxustiza que estes facían levando a cabo a súa execución.
 

 
© 2009 Mondoņedo en www.mondonedo.net - El Portal de Mondoņedo