 Manuel Montero é un libreiro mindoniense que recopila coleccións de valores gráficos, históricos e literarios para amosar na súa librería-museo e na sala de exposicións. Montero coñeceu a Álvaro Cunqueiro dende neno, ó que iniciou no estudio do latín, francés e italiano. Xuntos comentaron libros e coñeceron persoeiros na barbería do Pallarego. Manuel Montero organizou diversas exposicións sobre a vida e obra de Cunqueiro, e é por eso mesmo casi como un personaxe do escritor, o Mago Merlín, que co seu tesón, busca e atopa arquivos e obras que de non ser pola súa maxia permanecerían ocultos. Xose Díaz Jácome, escribiu: ...Manolo Montero, o libreiro mindoniense que Cunqueiro titulaba "o meu libreiriño de cámara", se dispón a homenaxear a quen foi seu amigo e conselleiro. A Librería-museo onde se celebraron outras homenaxes a glorias das nosas letras, poñerase de gala para lembrar a Cunqueiro, expoñendo fotografías, libros e recordos do escritor e recibindo a visita de xentes amigas da cultura que queiran lembrar ó homenaxeado. Manolo Montero, máis que xubilado, mostrarase xubiloso de poder ofrenda-la súa homenxe particular a mindoniense tan ilustre. Haberá que agradecerlle a súa fidelidade.
|