 Mondoñedo é coñecido internacionalmente polos seus grandes poetas e escritores, pola súa catedral, pal fermosura do val,... pero a todas estas razóns hai que sumarlle o Rei das Tartas. Con este título foi bautizado por Jácome, antigo director de La Voz de Asturias, o pasteleiro con máis fama de Mondoñedo, e que fixo viaxar a tarta da nosa cidade por todo o mundo, chegando incluso ata persoeiros tan coñecidos como O Rei de España, Camilo Xosé Cela, Manuel Fraga,... Na actualidade o Príncipe herdeiro segue coa monarquía. TARTA DE MONDOÑEDOIngredientes:200gr. de hojaldre 200gr de cabelo de anxo 200gr. de améndoa moida 300gr. de azucre 1 vaso de auga 4 ovos 4 culleradas de azucre 4 culleradas de fariña 5 figos confitados 1/2 vaso de almíbar 8 cereixas en almíbar Preparación: Faise o biscoito cos ovos, a fariña e as catro culleradas de azucre, nun molde redondo. Unha vez cocido, desmóldase e remóllase con medio vaso de almíbar. Empregando a auga e o azucre, prepárase un almíbar a punto de hebra fina onde poñeremos a cocer a améndoa uns cinco minutos. Coa pasta do hojalde cúbrese o molde redondo que empregamos antes. Colócase enriba do biscoito, logo o cabelo de anxo e por último a améndoa. Decórase con tiras de hojalde, formando un enrexado, e métese a tarta no forno ata que estea cocido o hojalde. Deixase enfriar e quítaselle o molde. Para rematar decórase a tarta cos figos e coas cereixas
|