Advertisement
Mondoņedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Persoeiros curiosos
Mondoņedo en cifras
Galeria de fotos
Fondos de pantalla
Actualidade
Novas e reportaxes
Cultura
Deportes
Mondoņedo F.C.
Liga de Fútbol Sala
Mondoņedo C.B.
Calendario
Idioma
Página en Espaņol
Páxina en Galego
Servicios
Actualidad
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Buscador
En liņa...
Hai 2 visitantes en liņa
Contador
1153433 Visitantes
 
As San Lucas
As San LucasNo mes de outubro celébranse en Mondoñedo As San Lucas, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia.
A orixe destas festas das San Lucas atribueselle ó bispo Martín, que as iniciara para celebra-la consagración da catedral no ano 1246.
Pero todo apunta a que o seu inicio remóntase a 1156, ano no que Afonso VII concedera unhas festas de oito días.
As feiras das San Lucas, que nos seus mellores tempos chegaron a durar ata quince días, son fundamentalmente de gando montaraz.
Hoxe en día a duración das festas é de cinco días:
-O día 16 de outobro dan comezo as festas, é a xornada das Revésperas. Este día ten lugar o pregón co que se abre oficialmente a festa.
-A xornada do 17 de outobro é a do día das Vésperas.
-O día 18 de outubro é o día das San Lucas, celébrase a feira e vívese unha intensa xornada de festa con moitas orquestas e outras actuación.
-O día 19 de outubro, coñecido como o Día do Medio, vívese outra intensa xornada de festas na cidade.
-Finalmente, o día 20 de outobro rematan as festas. É o día das Maulas, xornada na que os feirantes venden os derradeiros productos que lles quedan (estes reciben o nome de Maulas).
Dende fai uns anos, de xeito paralelo ás festas das San Lucas, celébrase a Feiramosta, unha feira de exposicións que é todo un escaparate de productos agroalimentarios e maquinaria.
 

 
© 2009 Mondoņedo en www.mondonedo.net - El Portal de Mondoņedo