Advertisement
Mondoņedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Persoeiros curiosos
Mondoņedo en cifras
Galeria de fotos
Fondos de pantalla
Actualidade
Novas e reportaxes
Cultura
Deportes
Mondoņedo F.C.
Liga de Fútbol Sala
Mondoņedo C.B.
Calendario
Idioma
Página en Espaņol
Páxina en Galego
Servicios
Actualidad
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Buscador
En liņa...
Hai 2 visitantes en liņa
Contador
1153686 Visitantes
 
Anuario 2007 do Portal de Mondoņedo
29 / 12 / 2007

A mediados de maio, a xustiza deu a razón á Asociación de Veciños Vilaoriente sobre a imposibilidade xurídica de ampliar a Subestación de Mondoñedo. A sentenza estimou o recurso interposto pola Asociación de Veciños anulando a licenza de obra concedida polo Concello en decembro do ano 2005 para ampliación da Subestación.

Tamén a mediados do mes de maio, a revista "Amencer" publicada polo Seminario Santa Catalina de Mondoñedo cumpriu 25 anos. A presentación do número 194 tivo lugar no aula Losada Quiroga do Seminario.

ConcelloO 27 de maio, tras unha axitada campaña electoral, chegou a cita coas urnas. A lista máis votadas foi a do PP que conseguiu 1275, o BNG 1032, o PSOE 648 e o PG 303. Ademais, houbo 34 votos nulos e 20 en branco. A participación superou o 67%. Finalmente, a repartición de concelleiras entre as 4 forzas políticas quedou do seguinte xeito: PP 4, BNG 4, PSOE 2, PG 1. Con lestes resultados o PP perdía a maioría absoluta e a posibilidade de gobernar dando paso a unha alianza BNG-PSOE, a presenza do Partido Galeguista non sería necesaria nos pactos.

Uns días máis tarde coñeceriamos a repartición de concellarías. Este sería parecido á distribución de competencias que BNG e PSOE teñen na Xunta. O Bloque queda coa xestión de Obras, Medio Rural, Industria, Comercio, Patrimonio, Deportes, Servizos Sociais, Turismo, Cultura, Vivenda e Rehabilitación. O PSOE terá Servizos, Emprego, Educación, Protección Civil, Normalización Lingüística e Medio Ambiente.

A Asociación Cultural "Pena do Golpe" organizou unha xornada literaria o 2 de xuño.
O evento comezou cun Café-Faladoiro sobre a vida e obra de Pascual Veiga ás 16:00h no "Recuncho de Mondoñedo".
A partir das 17:00h, na Casa da Xuventude, tiveron lugar: a interpretación da "Alborada Galega", a lectura do poema "A Pascual Veiga" de Leiras Pulpeiro, unha Charla-Coloquio sobre Leiras e Pascual Veiga (con Xe Freyre, Ramón Reimunde e Antón Meilán), e a representación da obra teatral "A Pedreira" polo grupo Raiolas..

InvestiduraO 16 de xuño materializouse a alianza entre BNG e PSOE dando a Alcaldía da nosa cidade a Orlando González.
Os votos dos Concelleiros de BNG e PSOE, 6 en total, decidiron a investidura do novo Alcalde. En canto ás outras formacións, os 4 Concelleiros do PP votaron en contra e o Concelleiro do PG abstívose.
Orlando González prometeu, no seu discurso de investidura, un goberno transparante e para todos os cidadáns, tanto para os que votaron por el como os que non. [Ver fotografías]

Chega o verán e a polémica por asuntos do Concello

A finais de xuño, comezou a polémica polo estado das contas do Concello e o ex-alcalde Luís Rego, publicou un balance dos seus anos de goberno. Destacou, en primeiro lugar, que Mondoñedo recibiu investimentos por un valor superior aos 36 millóns de euros e adquiriu un importante patrimonio: polígono industrial, edificio do centro comarcal e terreos para aparcadoiro, a aldea de Vilar, o edificio da Sociedade de Obreiros, etc.
Doutra banda, defendeu a melloría na situación económica do Concello.

O 24 de xuño celebrouse unha das primeiras festas do verán, rapa das Bestas.
Como é habitual, centos de persoas acudiron ao curro situado en Campo do Oso para ver o espectáculo. [Ver fotografías]

O luns 25 de xuño faleceu a avoa de Mondoñedo. Dona Aurora Lombán Ares, coñecida como "A Rata", tiña 110 anos de idade cando morreu.

O mércores 27 de xuño tivo lugar a apertura do congreso internacional sobre a figura de San Rosendo. Este certame  estaba englobado dentro das actividades do undécimo centerario do nacemento do Santo.

O sábado 30 de xuño confirmáronse 167 persoas na Catedral. Este número tan alto debeuse a que a xente proviña de diversos puntos da diocese. A maior parte eran novas pero tamén había adultos.

O mesmo sábado, celebrouse o festival de fin de curso da escola municipal de patinaxe artística de Mondoñedo. Os alumnos mostraron o aprendido durante todo o ano nun espectáculo no pavillón municipal de deportes. [Ver fotografías]

Procesión de S. CristobalO 7 de xullo celebráronse as festas de San Cristovo . A partir das 11:45h, unha procesión de coches e camións partiu cara ó mosteiro dos Picos e logo, despois de baixar por Cesuras, fixeron un percorrido polas principais rúas e prazas do centro da nosa cidade.
A procesión terminou na capela de San Cristóbal, onde os condutores participaron na bendición dos vehículos. Seguidamente houbo comida campestre e pola noite festa verbena.
[Ver fotografías]

A polémica polo estado das contas do Concello viviu unha nova etapa a mediados de xullo. Por unha banda, o goberno bipartito afirmou en rolda de prensa que o nivel de endebedamento do Concello é case equivalente ao orzamento anual do exercicio. Ademais, Xusto Fernández Haro (BNG) dixo que a situación denota que houbo descontrol no gasto e mala xestión e que esta situación herdada condicionará a xestión do novo goberno municipal. Ademais, anunciou a intención de encargar unha auditoría.
Doutra banda, Luís Rego lembrou que cando entrou non había diñeiro nin para pagar as nóminas e que Barras Eléctricas quería cortar a luz do pavillón e a piscina por falta de pago. O ex-alcalde considera a auditoría proposta un gasto absurdo, "salvo que a encarguen ás súas amizades" xa que o ano pasado realizou unha o Consello de Contas sen atopar nada raro.



 

 
© 2009 Mondoņedo en www.mondonedo.net - El Portal de Mondoņedo