Advertisement
Mondoņedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Persoeiros curiosos
Mondoņedo en cifras
Galeria de fotos
Fondos de pantalla
Actualidade
Novas e reportaxes
Cultura
Deportes
Mondoņedo F.C.
Liga de Fútbol Sala
Mondoņedo C.B.
Calendario
Idioma
Página en Espaņol
Páxina en Galego
Servicios
Actualidad
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Buscador
En liņa...
Contador
1153479 Visitantes
 
Anuario 2007 do Portal de Mondoņedo
29 / 12 / 2007

Abel VigoO mércores 29 de agosto tivo lugar a presentación do libro "O Castro de Zoñán" do arqueólogo mindoniense Abel Vigo. Este traballo recolle os resultados das escavacións realizadas entre 2002 e 2004.
Ao acto asistiron: o Alcalde de Mondoñedo, Orlando González; o Delegado Provincial de Cultura, Juan José Molina; o Xerente da Fundación Comarcal A Mariña Central, Manuel Valín e o Director Xeral de Patrimonio Cultural, Felipe José Arias. O Alcalde valorou moi positivamente o traballo de Abel e as escavacións realizadas no castro.

A finais de agosto, O Portal de Mondoñedo ofreceu unha completa reportaxe fotográfica sobre a instalación dos parques eólicos nos montes da Toxiza, o que está supondo a destrución de tesouros naturais como a Fraga Vella e "Os Castelos". [Ver fotografías]

O 31 de agosto foron eliminados os polémicos bolardos, instalados a finais de maio de 2006 para intentar solucionar os problemas do tráfico no centro.

O primeiro fin de semana de setembro, os veciños de Masma recuperaron a tradición das "caleiras" organizando a primeira edición da "Festa da Cal". [Ver fotografías]

Dos Remedios ás San Lucas

Dende o día 4 setembro Mondoñedo dispón de cobertura da canle xeneralista "A Sexta" e doutras 3 canles máis (CUATROº, CNN+ e 40 Latino) a través da Televisión Dixital Terrestre (TDT). Desta forma, ampliouse a oferta de TDT en Mondoñedo que, desde fai dous anos, contaba unicamente coas emisións dixitais de dúas canles da TVG.

Os RemediosO domingo 9 de setembro celebrouse o día grande das festas patronais dos Remedios.
O Alcalde de Ortigueira foi o encargado de realizar a ofrenda na misa das 12 da mañá. A cerimonia foi cantada pola Coral Polifónica de Ortigueira e, unha vez finalizada a celebración, tivo lugar a procesión polo itinerario habitual, esta vez acompañada pola Banda Municipal de Ortigueira. As festas dos Remedios contaron con boas orquestras e co concerto de Marcos Llunas. [Ver fotografías]

A partir do sábado 15 de setembro comezou o servizo de Noitebús. Esta iniciativa cofinanciada polo Concello e a Consellería de Política Territorial Obras Públicas da Xunta de Galicia e Transportes facilita o desprazamento dos mozos de Mondoñedo a Ribadeo, todos os sábados e vésperas de festivos.

HomenajeO 23 de setembro, algúns dos membros do movemento cultural “Ao carón dá lareira” e outras figuras do ámbito cultural como Francisco Pérez Porto, Couce Fraguela, Daniel Díaz Trigo, Assumpta Roura, Ramón Loureiro ou Fernando Ponte, ofreceron en Mondoñedo unha homenaxe a Manolo Montero, "Meigo Merlín".
O acto tivo lugar ás 12 da mañá na librería do mago, que cumpriu 50 anos desde a súa apertura. Manolo Montero, é protagonista de moitos libros de diversos autores. [Ver fotografías]

Un fallo no proceso de selado de dous tanques de combustible da gasolineira de Mondoñedo provocou que 200 litros de gasolina chegasen ao río Valiñadares a través da rede de rede de sumidoiros o 4 de outubro.

O 5 de outubro soubemos que o bipartito mindoniense deixaría de intentar que a Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) retire os recursos xudiciais interpostos contra as obras no exterior e interior da Cova do Rei Cintolo. Con isto, tírase pola borda o proxecto de explotación turística elaborado polo anterior goberno local, que permitiría, segundo afirmaron desde o PP, combinar o aproveitamento sostible do recurso co respecto polo medio ambiente.

Río TroncedaA principios de outubro, a organización ecoloxista ADEGA denunciou que a construción dunha minicentral afectaría negativamente ao río Tronceda. A realización desta minicentral suporía a perda do 90% do caudal do río, o que afectaría seriamente ás piscinas e aos saltos de auga da área recreativa da Fervenza. O 15 de outubro, os ecoloxistas convocarían unha reunión informativa para explicar, a particulares e colectivos de Mondoñedo, o estado da situación sobre a previsible instalación da minicentral no río Tronceda.

Tamén a principios de outubro, o mindoniense Marcos Méndez, co-director e co-produtor do curto "No armario", foi galardoado con dous premios no concurso Curtas na Rede. O primeiro dos premios é o de mellor curto da sección "Visións nosas, visións alleas" na categoría B (de 23 a 50 anos) e o segundo é o premio do público ao máis votado en curtas na rede.

As San LucasO 18 de outubro, mindonienses e visitantes gozaron da espectacular feira de gando equino do día grande da edición 851 das San Lucas.
As feiras contaron coa presenza de autoridades do Concello de Ferrol, que conmemoraron o aniversario do irmandamento con nosa cidade, e o Conselleiro de Medio Rural da Xunta.
Na edición deste ano das San Lucas mantívose o número de postos instalados nas rúas, sobre 170, pero se reduciu considerablemente o número de cabezas de gando postas á venda na feira. De feito, todos os tratantes levaron o gando á feira en camións, perdéndose o tradicional paso de centos de cabalos a galope polas rúas do centro.
Luar na LubreAs festas contaron no concerto do grupo de folk "Luar na Lubre", exhibicións de deporte rural vasco, os Stihl Timbersports, un festival de baile rexional e grandes orquestras.
O 19 de outubro, a comida da terceira idade contou coa participación de máis de 500 maiores.
O 20 de outubro, o Vicepresidente da Xunta de Galicia visitou o centro de Servizos Sociais, onde avanzou os proxectos que teñen para a nosa cidade as Consellerías controladas polo seu partido. [Ver fotografías]



 

 
© 2009 Mondoņedo en www.mondonedo.net - El Portal de Mondoņedo