El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22779833 visitas
 
Anuario 2007 do Portal de Mondoñedo
29 / 12 / 2007 > Reportaxes Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Anuario 2007Falta moi pouco para rematar o ano e, nestos últimos días de 2007, chega o momento de facer balance do acontecido na nosa cidade durante os últimos 365 días.
No 2007 publicamos máis de 300 artigos con todo tipo de información sobre a actualidade cultural, política, deportiva,... e ampliamos con máis de 1200 imaxes a nosa galería fotográfica de Mondoñedo.
Debido ó interese da edición anterior, que contabilizou máis de 1400 lecturas, decidimos publicar o anuario de 2007 cun breve resumo do máis destacado do Ano Xubilar de San Rosendo, do cambio de goberno municipal ou do centenario do Himno Gallego. Para ver o anuario entra no enlace de ler máis.

Principios de Ano

Acabadas as festas do Nadal celebrouse o tradicional concerto de ano novo, pero nesta ocasión cunha calidade excepcional. A Orquestra Filarmónica Ucraína provocou un cheo total no auditorio a noite do 9 de xaneiro. O programa contaba con música de Mozart, Strauss, Brahms e moitos outros, ademais de diferentes bandas sonoras.

San RosendoO 11 de febreiro, dentro dos actos de Ano Xubilar de San Rosendo, Radio Nacional de España retransmitiu a Santa Misa en directo desde a Catedral de Mondoñedo. A pesar de celebrarse ás 8 da mañá, un cento de mindonienses acudiron ao evento. A cerimonia foi oficiada por D. Segundo Leonardo Pérez López, delegado diocesano para o XI centenario do nacemento de San Rosendo e director do Instituto Teolóxico Compostelán. O Orfeón de Mondoñedo, dirixido por Xulia Nogueira, cantou a Misa e o Himno de San Rosendo. [Escoitar retransmisión]

Tamén no mes de febreiro coñeciamos aos candidatos de PP, PSOE e BNG ás eleccións municipais de maio. A estas alturas do ano aínda se descoñecía que o PG formaría unha candidatura en Mondoñedo.

O 24 de febreiro, sábado de piñata, celebrouse o desfile concurso de disfraces do entroido de Mondoñedo. [Ver fotografías]

A venda a particulares da casa natal de Álvaro Cunqueiro, a finais do mes de febreiro, deixaría a Mondoñedo sen un importante legado cultural. O naquel entón Alcalde de Mondoñedo, Luís Rego, achacou esta situación á pasividade da Xunta co noso municipio. Dixo, ademais, que nin o presidente da Xunta nin a Conselleira de Cultura atendesen a proposta do Concello de comprar a casa, aprobada no seu día polo goberno e a oposición local. Os herdeiros do escritor estaban dispostos a vender a vivenda á Administración por uns 180.000 Euros.

CuevaEn marzo cumpriríase un ano do programa de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo, pero a actitude dalgúns espeleólogos, movidos pola perda do uso monopolizado das covas, ocasionou o peche indefinido da cavidade.
O proxecto, detido no mes de novembro de 2006, estaba favorecendo notablemente o desenvolvemento económico na nosa cidade. As protestas veciñais pedindo a reapertura das covas chegaron ata a televisión, concretamente ao programa "España Directo" de TVE1. [Ver vídeo]

A fin de semana do 11 de marzo, Mondoñedo viviu a XVIII edición da Concentración de Motos Ruta N634. O bo tempo animou a xentes de toda España a participar no evento, que foi todo un éxito en afluencia de público e de moteiros. André Colombo (Animal) deleitou aos presentes con varios pases das súas exhibicións acrobáticas. [Ver fotografías]

A mediados de marzo, e dentro dos actos do Día das Pebidas, os *Concellos de Mondoñedo e Ferrol renovaron o seu irmandamento outro ano máis.

Da Semana Santa ás Eleccións

Semana SantaO 1 de abril, a pesar de que choveu durante varias horas ao longo da mañá, puido saír con normalidade  a procesión de Domingo de Ramos, celebración coa que se inicia a Semana Santa mindoniense.
Pola tarde, celebrouse o Viacrucis na capela da Alcántara, a procesión do Ecce Homo e o pregón. Este último pronunciado por D. José María Palacios Muruais, xornalista mindoniense de La Voz de Galicia.
A procesión da Soidade, en Venres Santo, foi a máis multitudinaria de toda a Semana Santa e contou, como cada ano, con acompañamento musical por parte do coro e a banda. O bo tempo permitiu que a nosa cidade rexistrase unha marca no que a turismo se refire nesta semana Santa. Tan só pola oficina de turismo pasaron máis de 1000 persoas ao longo da semana. [Ver fotografías]

A proximidade das eleccións caldeou bastante o ambiente durante estes meses. As poesías de contido electoral xurdían case a razón dunha nova cada día e acentuábanse os enfrontamentos entre partidos políticos.
Mentres o PSOE denunciaba deficiencias nos servizos de recollida de lixo dalgunhas parroquias, o Alcalde popular dicía estar disposto a pedir por vía xudicial que o Goberno licitase as obras dos accesos ao auditorio municipal. Para estas obras había partida destinada nos orzamentos desde fai anos pero nunca chegou o diñeiro..

As QuendasEste ano as feiras e festas das Quendas tiveron unha duración de 5 días, concretamente do 27 de abril ao 1 de maio.
Os festexos contaron con actividades de todo tipo, teatro (representación da obra "Rotas" con Mela Casal e Gloria Ferreiro), concertos, maxia e grandes orquestras (Panorama, Nova Xeración, Noite de Estrelas,...) englobados nun programa que nada tivo que envexar ao das San Lucas do mes de outubro do mesmo ano. O 30 de abril celebrouse a homenaxe á muller mindoniense coa actuación de rondallas "Rondalla do Clube de Campo" e "Rondalla Bohemios" no auditorio. Ademais, o día 1 de maio celebrouse a XXIV edición da festa da empanada. [Ver fotografías]

Finalizadas as Quendas, os días 5 e 6 de maio celebrouse en Masma a Festa do Pescador.
O sábado pola tarde houbo xogos populares e máis tarde a actuación de "Pena do Golpe”. Pola noite celebrouse un festival de música cos "Carunchos" e "Ardentía". Tamén actuaron os "Festicultores", cunha mestura de músicas de tradición balcánica e galega. A xornada do domingo contou co concurso de pesca e unha comida amenizada polos "Reichos". [Ver fotografías]

A mesma fin de semana da Festa do Pescador, as alumnas da Escola Municipal de Danza actuaron no auditorio municipal "Pascual Veiga". Os asistentes ao evento puideron gozar con diversas coreografías agrupadas no espectáculo "Chicago" que representaron no festival de fin de curso. Números de cabaret e unha coidada escenografía configuraron esta obra inspirada na cidade de Chicago dos anos 20. [Ver fotografías]



 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net