|
Fotografías das festas patronais dos Remedios |
|
16 / 09 / 2008 |
 Este domingo celebrouse o día grande das festas patronais dos Remedios. O Alcalde de Ribadeo foi o encargado de realizar a ofrenda na misa das 12 da mañá. A ceremonia foi cantada polo Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo e, unha vez rematada a celebración, tivo lugar a procesión polo itinerario habitual, pero esta vez acompañada pola Banda Sinfónica Municipal do Concello de Ribadeo. Ofrecémosche as imaxes do máis destacado das festas patronais. Podes ver as fotos entrando no seguinte enlace.
|