XOVES, 16 DE OUTUBRO13:00h Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I Catedral Basílica anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2008“.
19:30h Saída da carroza coa Raíña das Festas, as súas Damas de Honra, Sanluqueiro, Autoridades e membros da Comisión de Festas cara o Auditorio Municipal Pascual Veiga acompañados polos Xigantes e Cabezudos e o Grupo de Gaitas “OS REICHOS“.
20:00h No Auditorio Municipal Pascual Veiga, PREGÓN das Festas a cargo de José María Eirós Bouza. Profesor Titular de Microbioloxía da Facultade de Medicina na Universidade de Valladolid” de seguido e como remate, actuación do ORFEÓN DA SOCIEDADE DE OBREIROS DE MONDOÑEDO.
21:30h Verbena na Alameda amenizada polas Orquestras SINTONÍA DE VIGO e PANORAMA.
VENRES, 17 DE OUTUBRO10:30h Disparo de potentes bombas de palenque.
12:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense “MANCA NA CHEDA”.
14:00h Sesión Vermú a cargo da orquestra NOCHE DE ESTRELLAS.
14:00h COMIDA - BAILE no Pavillón Municipal para as persoas inscritas no FESTIVAL.
DA TERCEIRA IDADE. Sorteo sorpresa entre os asistentes e concursos de baile con premio para os gañadores. Amenizará a festa o Grupo Musical “Alma Latina”.
16:30h XOGOS TRADICIONAIS no recinto da Granxa.
17:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense “MANCA NA CHEDA”.
20:00h Actuación da Escolanía "Mestre Pacheco" de Mondoñedo no Auditorio Municipal.
21:30h Festa verbena amenizada polas Orquestras NOCHE DE ESTRELLAS e MASTER.
22:30h Actuación do grupo de Rock BEETLE JUDGE de Ribadeo como Teloneiros e sobre as 23:15h concerto do grupo de Rock “LOS SUAVES”. Praza da Catedral.Entrada libre. (Co patrocinio da S.A Xestión do Plan Xacobeo).
SÁBADO, 18 DE OUTUBRODÍA DE AS SAN LUCAS, DÍA DE FERROL10:30h Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
11:00h Apertura do recinto feiral, no que ten lugar a FEIRA CABALAR tradicional compañada do grupo de gaitas “OS REICHOS”.
11:30h Recepción oficial no Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol.
11:30h Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “OS REICHOS”.
13:30h Entrega de premios do concurso de gando no Campo da Feira.
14:00h Sesión Vermú, na Alameda dos Remedios, a cargo dun grupo musical.
17:00h I Concurso Canino no Pavillón Municipal.
Exhibición Agílity
Exhibición Cans axuda a Discapacitados
Exhibición cans do Tercio Norte (Infantería de Marina de Ferrol)
Exhibición de Mondioring
20:00h Estrea, no auditorio, da curtametraxe “HOUSTON” do Mindoniense Miguel García Fernández de Sta. Mª Maior e que foi rodado na cidade de Mondoñedo.
21:30h Verbena amenizada polas Orquestras TELEVISIÓN e COSTA OESTE.
DOMINGO, 19 DE OUTUBRO10:00h Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
10:00h a 13:30h Inicio do I Concurso Canino "Cidade de Mondoñedo" no Pavillón Municipal, Xuízos continuos durante toda a mañá (válido para a elección do Can do Ano de Galicia).
12:00h Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense MANCA NA CHEDA
12:30h Entrega dos Premios da IX Edición do Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Fundación Caixa Galicia. Salón de Plenos da Casa do Concello.
14:00h Sesión Vermú amenizada pola orquestra MONTES.
16:00h a 18:30h Finais e Entrega de TROFEOS do Concurso Canino. Pavillón Municipal.
16:30h Festa Infantil, “O SHOW DOS PAIASOS na Praza da Catedral.
17:00h Apertura das inscricións para os concursos de Andadura Galega, modalidades Serrada e Chapeada no recinto da granxa. Con “CABALOS MARCHADORES”.
17:30h Concurso de Andadura Galega na modalidade de SERRADA (dous tempos).
18:15h Concurso de Andadura Galega na modalidade de CHAPEADA (catro tempos).
Premios: 1º- 150€; 2º- 120€; 3º- 100€; 4º- 90€; 5º-60€ para cada modalidade.
19:00h Entrega de premios do concurso de andadura no recinto da granxa.
18:00h Pasarrúas a cargo da Agrupación folclórica Mindoniense “PENA DO GOLPE”, ó rematar, actuación de baile na Alameda dos Remedios.
20:00h A Compañía de TEATRO DO NOROESTE presenta “Extrarradios”. (Comedia das mulleres desempregadas), con Luma Gómez e Victoria Pérez. Teatro para adultos. Auditorio Municipal.
21:30h Festa verbena amenizada polas Orquestras MONTES e OLYMPUS.
LUNS, 20 DE OUTUBRO10:30h Disparo de potentes bombas que dan comezo á derradeira xornada festiva.
14:00h Sesión Vermú a cargo da Orquestra CHARLESTON.
20:00h Actuación do cuarteto MODERN JAZZ, Presto Vivace no Auditorio Municipal.
21:00h Festa verbena amenizada polas Orquestras CHARLESTON e TEKILA.