|
Mondoñedo vive xa As San Lucas 2008: Fotos do pregón |
|
17 / 10 / 2008
> Actualidade
|
 Mondoñedo vive xa as feiras e festas de As San Lucas 2008. Ás 19:30h saíu a comitiva do Concello, pero nesta ocasión sen a carroza das Raíñas das Festas, que por culpa das obras non podía transitar polo centro. Media hora máis tarde, o mindoniense D. José María Eirós Bouza (Profesor de Microbioloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Valladolid) foi o encargado de pronunciar o pregón co que se inauguraban oficialmente as festas. O pregoeiro lembrou as feiras de As San Lucas a través da historia e fixo mención as súas vivencias persoais nas mesmas. Como noutras ocasións, a actuación do Orfeón de Mondoñedo puxo fin ó acto. Podes ver as primeiras imaxes de As San Lucas 2008 entrando na nosa galería de fotos.
|